domingo, 8 de julio de 2018

PAZO DE TOR - MONFORTE DE LEMOS - LUGO

PAZO DE TOR
MONFORTE DE LEMOS
LUGO


     O Pazo de Tor esta situado nunha elevación que lle serve de miradoiro sobre o val de Lemos na parroquia de San Xoán de Tor, pertencente ó concello de Monforte de Lemos. 



     As orixes do pazo están ligadas á liñaxe dos Garza no século XIV e a súa posesión mantívose en mans dos seus descendentes directos ata a súa derradeira propietaria Dona María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga que fixo doazón da propiedade á Excelentísima Deputación Provincial de Lugo.




     O edificio foi construído no último tercio do século XVIII  aínda que conserva algún vestixio anterior e foi tamén afectado por algunha reforma posterior (como as reparacións efectuadas tralo seu incendio polas tropas napoleónicas). 




     É encadrable dentro do estilo barroco, de longa persistencia en Galicia, pero xa matizado por certo sentimento estético neoclásico, visible na súa sobriedade, simetría e emprego das ordes clásicas.




     Os elementos decorativos concéntranse nas fachadas e a organización interna do edificio  diferencia  claramente un baixo de servizo que alberga as dependencias necesarias en toda facenda agropecuaria (cocheiras, adegas, cortes, tullas, vivenda dos criados e caseiros...) e un primeiro andar reservado a residencia dos donos do pazo.




     Cando a Deputación Provincial de Lugo recibe a doazón do pazo acomete unha serie de obras de acondicionamento e mellora do edificio, respectando escrupulosamente a súa estrutura e distribución. 
A un tempo desde o Museo Provincial procédese a musealización do pazo que se abre ós visitantes o día 13 de xullo do ano 2006.



     A visita ó Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega, permite tamén coñecer integramente todas as  salas e dependencias do mesmo, co seu mobiliario orixinal e coas  coleccións artísticas que a familia foi atesourando ó longo dos séculos, un testemuño privilexiado  do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna.




Tor
     San Xoán de Tor é unha parroquia do concello de Monforte de Lemos na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. 



     No ano 2007 tiña 65 habitantes, deles 31 eran homes e 34 eran mulleres.


     Limita ao norte con Ousende, ao leste con Fiolleda e Baamorto, ao sur con San Xillao de Tor e ao oeste con Toiriz.


     Nesta parroquia atopase o pazo de Tor, actualmente museo de Deputación de Lugo.



Lugares de Tor
     O Campo, Carrouba, A Eirexe, Frieira, A Rañada. Tor, Vilanova



Terra de Lemos
     A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. 



     A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.



     Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.


     A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas. 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Fuente: web redemuseisticalugo  



2 comentarios:

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901