CARBALLÁS
CERDEDO
CERDEDO - COTOBADE
Carballás
Carballás é un lugar situado na parroquia de Cerdedo no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra.
No ano 2008 tiña 29 habitantes, 14 deles eran homes e 15 eran mulleres; isto supón unha diminución no número de efectivos en relación ao ano 2006.
Lugares de Cerdedo
Abelaíndo, Arén, Barro, Biduído, Cabenca, Carballás, Cavadosa, Cerdedo, Cernados, Chamadoira, Limeres, Lourido, Meilide, Revolta, San Bernabeu, A Torrente
Cerdedo-Cotobade
Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 6160 habitantes (suma de datos do IGE 2015) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.
Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
Calzada do monte Pé da Múa.
Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.
Patrimonio arquitectónico
Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
Igrexa de San Xurxo de Sacos.
Igrexa de Santa María de Sacos.
Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
Ponte sobre o río Lérez.
Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.
Festas e celebracións
A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;[14]
A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María), Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)
Serra do Cando
O Lugar de Interese Comunitario Serra do Cando ocupa unha superficie de 5.458 hectáreas, e abarca os concellos de Cerdedo, Cotobade, Forcarei, A Lama, Beariz. Dacabalo entre Cotobade e A Lama, atopase o Monte do Seixo, un dos enclaves paradigmáticos desta serra.
Cunha altitude media de 712 metros, a Serra do Cando, de clima atlántico, constitúe unha zona de media montaña caracterizada polo seu peculiar vegetación.
O Cando ten orientación N-S, con montes de media altura (600 a 1.000 m) de perfil redondeado, formados por granitos que aparecen en bolos e penedos de formas pintorescas, debido a erosión producida pola auga e o xeo . Está unida ao Candán polos montes da Costoia.
Nas súas vertentes nace o río Verdugo e afluentes do Lerez e combina superficies de mato e afloramentos rochosos nas partes máis altas con pequenas carballeiras e bosques de ribeiras, integrados fundamentalmente por freixos e bidueiras.
Os ecosistemas de maior valor son as turbeiras dos cumes, os bosques de ribeira e as carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.
Os cumes máis importantes son o Outeiro do Couto (1.017 metros) e Solombeiro (1.007 metros) ainda que o seu lugar de referencia e o Monte do Seixo, de 967 metros.
A espléndida paisaxe da serra invítanos á súa recreación nos excelentes miradoiros naturais, tanto desde o alto das montañas, como sobre as terras prelitorais que adiantan o litoral de Rías Baixas.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901