lunes, 16 de julio de 2018

IGREXA DE SAN FIZ DE LOUGARES - LOUGARES - MONDARIZ

 IGREXA DE SAN FIZ
LOUGARES
MONDARIZ



Lougares
     San Fiz de Lougares é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. 



     Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 354 habitantes (183 mulleres e 171 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 494 habitantes.



Lugares de Lougares
     Cabirtallo, Os Casares, A Chouteira, O Couto, O Cruceiro, Lougares, Outerelo, Porrón, Santa Baia do Mato



Mondariz
     Mondariz é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.742 habitantes. O seu xentilicio é mondaricense.



Xeografía
     Mondariz ten unha superficie de 85,8 km². Está situado ao suroeste da serra do Suído, no sur da provincia de Pontevedra. 



     Limita ao norte con Fornelos de Montes e Pazos de Borbén, ao leste con Covelo, ao sur coa Cañiza e Salvaterra de Miño, e ao oeste con Mondariz-Balneario, Ponteareas e Pazos de Borbén.


     Está sucado polo río Tea, que forma un val moi pronunciado. 


     Os seus afluentes máis importantes son pola dereita o Caraño, Alén e o Aboal (tamén chamado Asaar), e pola esquerda o Lougariños e o Xabriña. 


     O cumio máis alto do municipio é o Coto de Eira, de 881 m.


     O concello ten 12 parroquias, sendo dúas delas (Queimadelos e Vilasobroso) entidades locais menores.


Demografía
     No ano 2009 tiña 5.259 habitantes, pero a poboación está moi diseminada en núcleos reducidos e distantes entre si. 



      As zonas urbanas máis consolidadas son a vila que dá nome ao concello, e Vilasobroso, catro quilómetros ao sur.


Historia
     Na Idade Moderna as terras pertencían ao señorío de Sobroso. O marquesado de Sobroso foi concedido por Filipe IV de España o 18 de maio de 1625. Durante o reinado de Afonso XIII, os veciños da parroquia de Vilasobroso solicitaron constituírse como entidade local menor, sendo recoñecida como tal polo pleno municipal o 13 de setembro de 1924.



     A parroquia de Queimadelos solicitou constituírse como ELM durante a II República, sendo recoñecida o 21 de febreiro de 1935.


Toponimia
     A orixe do topónimo Mondariz (pronunciado na zona Mondarís, polo seseo final semella ter unha orixe xermánica. 



     Porén existen varias hipóteses sobre a súa orixe: antropónimo xermano en xenitivo Munderici; Mondariz < composto “monte + de + antropónimo xermano en xenitivo Alarici”; ou Mondariz < composto “monte + de + topónimo prerromano en xenitivo Ariti”.


Patrimonio
Castelo de Sobroso
     O castelo de Sobroso está xunto ao monte Landín, nas inmediacións do concello de Ponteareas que ten a súa propiedade. Desde el divísase o sur do Condado e o val do río Miño alén da fronteira con Portugal. Ten a súa orixe no século XII, en 1130.



Ponte románica de Cernadela
     Está situada na parroquia de Riofrío, no lugar de Cernadela, sobre o río Tea. A construción servía de paso cara ás diferentes feiras. Augas arriba existe unha praia fluvial.



Parroquias de Mondariz
     Frades (San Martiño), Gargamala (Santa María), Lougares (San Fiz), Meirol (Santo André), Mondariz (Santa Baia), Mouriscados (San Cibrán), Queimadelos (Santa María), Riofrío (San Miguel), Sabaxáns (San Mamede), Toutón (San Mateo), Vilar (San Mamede), Vilasobroso (San Martiño) 



Comarca do Condado
     A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. 



   A cal pertencen a ela os concellos Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901