domingo, 15 de julio de 2018

IGREXA DE SANTA TEGRA DE ABELEDA - CASTRO CALDELAS

IGREXA DE SANTA TEGRA DE ABELEDA
ABELEDA
CASTRO CALDELAS
OURENSE


Santa Tegra de Abeleda
     Santa Tegra de Abeleda é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. 



     Segundo o IGE en 2011 tiña 54 habitantes, deles 28 eran homes e 26 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 75 habitantes.


Lugares de Santa Tegra de Abeleda
     O Campo, O Chaguacedo, O Pacio, Paradella, O Regato, O Río, Ruxil, O Sabugueiro, O Souto, A Touza


Castro Caldelas
     Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas. 



     Segundo o padrón municipal en 2017 tiña 1.298 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».


     Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. 



     Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.


Xeografía
     Está situado no derramo setentrional do nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa, dentro da área denominada Ribeira Sacra. 

 

     O río Sil constitúe a fronteira natural coa provincia de Lugo mentres o río Edo, afluente do Sil, baña a metade occidental do municipio. O punto máis elevado é o de Pena da Cruz (1289 m).


     O terreo caracterízase pola alternancia de bosques de carballos e castiñeiros, sobre todo ó norte. As terras adicadas ó cultivo son escasas, abundando os prados. O chan produtivo representa só unha cuarta parte, grazas ó predominio de pendente e solo rochoso.



Festas
    Festa dos Fachós ou festa de San Sebastián - 20 de xaneiro.
    Festa dos Remedios - Dende o 6 ó 11 de setembro



Parroquias de Castro Caldelas
     Alais (San Pedro), O Burgo (San Pedro), Camba (San Xoán), Castro Caldelas (San Sebastián), Folgoso (Santiago), Mazaira (Santa María), Paradela (San Vicenzo), Pedrouzos (San Mamede), Poboeiros (San Xoán), San Paio de Abeleda (San Paio), Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra), Sas de Penelas (San Fiz), Trabazos (Santa Olaia), Tronceda (Santiago), Vilamaior de Caldelas (Santa María), Vimieiro (San Xoán)



Comarca da Terra de Caldelas
     A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.



Demografía
     A comarca de Terra de Caldelas contaba en 2017 cunha poboación de 2.990 habitantes. 



     No 2014 a poboación menor de 15 anos era o 4.36% do total, o que representa uns niveis moi baixos en relación á media do resto de Galicia, mentres que pola outra banda o 45.02% contaba con máis de 65 anos, o que deixa unha poboación en idade de traballar dun 50.62%.


     En relación ao movemento natural da poboación, no ano 2017 houbo 5 nacementos en toda a comarca e 83 defuncións, o que deixa un saldo vexetativo negativo. 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901