martes, 17 de julio de 2018

IGREXA DE SAN XOÁN DE FRONTÓN - FRONTÓN - PANTÓN

IGREXA DE SAN XOÁN DE FRONTÓN
FRONTÓN 
PANTÓN
LUGO


Igrexa de San Xoán de Frontón
     Igrexa do século XVIII feita en cadeirado granítico labrado e escuadrado na fachada principal e cachotería no resto; posúe unha nave de planta rectangular e cuberta de lousa adúas augas na nave e a catro no presbiterio. Nun lateral da nave vemos a sancristía.


     A fachada principal presenta porta de aceso e, por riba dela, un pequeno ocelo con derrame interno. Segue un remate a xeito de frontón recto.



     O conxunto remata nuna espadana de dosu ocos con remate en cruz pétrea.



Frontón
     San Xoán de Frontón é unha das 26 parroquias do concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos.



     Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón.



     En 2011, segundo o IGE, tiña 96 habitantes (46 homes e 50 mulleres).



Xeografía
     Delimita ao norte coa parroquia de Cangas, ao sur coa de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín), ao leste con Acedre e Anllo (Sober), e ao oeste con Pombeiro.




Lugares de Frontón
     Amorín, A Barca, A Chaira, A Estación, Frontón, Lornís, O Outeiro, Seragude



Pantón
     Pantón é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e á Ribeira Sacra.



      Segundo o padrón municipal (INE 2017) conta con 2.565 habitantes (1.233 homes e 1.332 mulleres), o que supón unha diminución en 76 habitantes en relación ao ano anterior.



Historia
      A presenza romana no concello evidénciase no lugar das Augas Santas, cuxas augas termais foron empregadas dende aquela época.



    Un dos fitos máis significativos da historia de Pantón foi a implantación da vida monástica ó longo das marxes dos ríos Miño e Sil.



Patrimonio histórico e artístico
     O concello de Pantón goza dun gran número de monumentos, de diferentes épocas. Tanto castrexos, restos romanos e sendo o patrimonio máis salientable, o seu gran número de monumentos de arquitectura románica.



    A igrexa de San Miguel de Eiré, antiga igrexa monástica con abondosa decoración escultórica.É unha das mostras máis salientables da arquitectura románica en Galicia.
    Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón.
    Mosteiro de Santo Estevo de Atán.
    Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro.
    A igrexa de San Fiz de Cangas.
    O convento dominico da Purificación da Sagrada Virxe María.



    A cova-templo do Cotillón
    A torre de Marce é unha fortificación medieval situada no lugar de Marce do século IX.
    A torre do Reloxo foi construída no ano 1950 no lugar de Marce pola Asociación de veciños de Marce en Bos Aires. É unha torre con reloxo de campá.



Restos castrexos:
    O castro de Marce, chamado tamén castelo de Marce, sitúase nunha elevada montaña a 1 km da aldea de Marce, no alto do río Miño.
    O castro de Amboade, situado na parroquia de Vilar de Ortelle.
    O castro de Vilar de Ortelle, situado na parroquia de Vilar de Ortelle.
    O castro de Amedo, situado na parroquia de Santa María de Toiriz.
    O castro de San Cibrao, situado na parroquia de Santa María de Toiriz.
    O castro de Guende, situado na parroquia de Santiago de Cangas.
    O castro de Aúde, situado na parroquia de San Fiz de Cangas.
    O castro de Ferreira, situado na parroquia de Santa María de Ferreira.



    O castro de Guítara, situado na parroquia de Eiré.
    O castro de Santa Mariña, situado na parroquia de Eiré.
    O castro de Bornogueiras, situado na parroquia de Pantón.
    O castro de Vilaxilde, situado na parroquia de Espasantes.
    O castro da Xesteira, situado na parroquia de San Vicente de Castillón.
    O castro de Toldaos, situado na parroquia de Toldaos.
    O castro de Bazal, situado na parroquia de Pombeiro.
    O castro de Vilamirón, situado na parroquia de Pombeiro.
    O Castriño, no lugar de Vilamirón situado na parroquia de Pombeiro.



Restos da cultura megalítica:
    Mámoa dos Cancelos, situada na parroquia de Vilar de Ortelle.
    Mámoa de San Romao, denominada así por situarse moi próxima ó lugar de San Romao na parroquia de Vilar de Ortelle.
    Mámoa de Paderne, situado na parroquia de Moreda.
    Mámoa de Pombeiro, situada na parroquia de Pombeiro.
    Mámoas do Castro de Guítara, situado na parroquia de Eiré.



Petróglifos:
    Petróglifo Monte San Román I, situado na parroquia de Acedre.
    Petróglifo Monte San Román II, situado na parroquia de Acedre.
    Petróglifo Monte San Román III, situado na parroquia de Acedre.
    Petróglifo Monte San Román IV, situado na parroquia de Acedre.
    Petróglifo Monte San Román V, situado na parroquia de Acedre.
    Petróglifo Monte San Román VI, situado na parroquia de Acedre.



    Petróglifo Exento de San Román, situado na parroquia de Acedre.
    Petróglifo exento de Pesqueiras, situado na parroquia de Atán.
    Petróglifo Torre do Castro I, situado na parroquia de Espasantes.
    Petróglifo Torre do Castro II, situado na parroquia de Espasantes.
    Petróglifo da Cancelada I, situado na parroquia de Espasantes.
    Petróglifo da Cancelada II, situado na parroquia de Espasantes.
    Petróglifo da Cancelada III, situado na parroquia de Espasantes.
    Pétroglifo Vilaxilde I, situado na parroquia de Espasantes.
    Pétroglifo Vilaxilde II, situado na parroquia de Espasantes.
    Petróglifo das Carrizas, situado na parroquia de Espasantes.
    Pétroglifo Pena da Virxe, situado na parroquia de Vilar de Ortelle.
    Pena da Cima da Costa, situado en Vilar de Ortelle.
    Petróglifo A Escrita, situado na parroquia de Toldaos



Festas locais
    Festival do Castro
    Santo Cristo, en San Fiz de Cangas. Lévase a cabo o primeiro domingo de xullo.
    Festividade da Virxe das Neves, celébrase no Regueiro en Pombeiro, o 5 de agosto.
    Festividade da Virxe dos Ollos Grandes, celébrase en Augas Santas en Pantón, o segundo domingo de setembro.



Parroquias de Pantón
     Acedre (San Romao), Atán (Santo Estevo), Cangas (Santiago), Castillón (Santiago), Deade (San Vicente), Eiré (San Xulián), Espasantes (Santo Estevo), Ferreira de Pantón (Santa María), Frontón (San Xoán), Mañente (San Mamede), Moreda (San Romao), Pantón (San Martiño), Pombeiro (San Vicente), Ribeiras de Miño (Santo André), San Fiz de Cangas (San Fiz), San Vicente de Castillón (San Vicente) | Santalla de Toiriz (Santalla), Santo Estevo do Mato (Santo Estevo), Següín (Santo André), Serode (San Xulián), Siós (San Martiño), Toiriz (Santa María), Toldaos (San Xoán), Tribás (San Martiño), Vilamelle (San Cibrao), Vilar de Ortelle (Santiago)



Concellos da Ribeira Sacra
    Baños de Molgas, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Chantada, Esgos, Maceda, Manzaneda, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil, Paradela, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, O Saviñao Sober, Taboada A Teixeira


 VIDEO

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901