IGREXA DE SANTA EUFEMIA DO MONTE
A IGREXA
TOQUES
A igrexa parroquial de Santa Eufemia do Monte conserva, non sen numerosos aditamentos barrocos, a primitiva estrutura do seu templo románico.
Conta cunha nave alargada rematada nun ábside cuadrangular, presentándose os seus cornisas calladas de canecillos con motivos vegetales e antropomorfos.
A primitiva portada sur foi cegada, abríndose na actualidade, no muro dos pés, un ingreso principal de hechura románica pero de moderna factura.
Santa Eufemia do Monte
Santa Eufemia do Monte é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Toques. Segundo o IGE en 2013 tiña 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 60 habitantes.
Lugares e parroquias
Cardal, Os Casarellos, Franqueán, A Igrexa, O Outeiro, A Quintá, O Rubial, Saburín, A Tarroeira
Toques
Toques é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide.
Segundo o IGE en 2014 tiña 1.248 habitantes (1.387 no 2010, 1.485 no 2006, 1.512 no 2005, 1.530 no 2004, 1.550 en 2003). O seu xentilicio é toquense.
Demografía
Censo total 2014
1.248 habitantes
Xeografía
O concello, de 77,9 km², abrangue dez parroquias. Limita ao norte co concello de Sobrado a través dos montes de Bocelo, ao suroeste co concello de Melide e ao leste cos concellos de Palas de Rei e Friol a través da serra do Careón e os montes de Corno do Boi.
O río Furelos, afluente do Ulla, percorre o concello de norte a sur desde o nacemento nas brañas do Porto Salgueiro até Furelos, xa no concello de Melide. Entre os seus afluentes están o río da Toca e o río Pequeno ou Montelén.
Patrimonio
A mámoa do Forno dos Mouros é un monumento megalítico ben conservado, situado preto de Muruxosa e rehabilitado en 2009. O castro da Graña é un poboado castrexo, escavado na década de 1990.
A igrexa de Santo Antolín de Toques é un templo románico do século XII.
O concello está atravesado pola vía primitiva do Camiño de Santiago, que pasa polas parroquias de Vilouriz e Vilamor, uníndose en Melide ao camiño francés.
Economía
A economía do concello de Toques céntrase na gandaría vacún e no sector forestal.
Parroquias de Toques
A Capela (Santa María), Mangoeiro (San Tomé), Ordes (Santa María), Paradela (San Paio), San Martiño de Oleiros (San Martiño), San Xiao do Monte (San Xiao), Santa Eufemia do Monte (Santa Eufemia), Santa Mariña de Brañas (Santa Mariña), Vilamor (Santo Estevo), Vilouriz (Santiago)
A comarca da Terra de Melide
A comarca da Terra de Melide é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Melide. Pertencen a esta comarca os concellos de Melide, Santiso, Sobrado e Toques.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901