miércoles, 18 de enero de 2017

IGLESIA DE SANTA EULALIA - BANDO

 IGLESIA DE SANTA EULALIA
BANDO
SANTIAGO DE COMPOSTELA


Santa Eulalia de Bando
     Santa Eulalia de Bando é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. 


     Segundo o IGE en 2013 tiña 976 habitantes (529 mulleres e 447 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 1 022 habitantes.


Xeografía
     É unha parroquia de perfil irregular de montes suaves como o Monte do Gozo. É nesta parroquia onde nace o río Sar.



     Na parroquia de Bando están situadas as instalacións da Televisión de Galicia, da Televisión Española en Galicia, da Radio Galega e o refuxio municipal de animais.


Patrimonio
     Na freguesía de Bando destaca a existencia de significativas mostras de patrimonio prehistórico, como o Castro de Bando ou o Dolmen de Zaramacedo.



     É de importancia crucial no urbanismo e na historia da parroquia o paso através dela do Camiño de Santiago nunha das súas últimas partes. É no Monte do Gozo, situado no lugar de San Marcos, desde onde tradicionalmente se podía enxergar por vez primeira, no camiño francés, as torres da catedral. 


     Actualmente existe unha capela adicada a San Marcos, un monumento en homenaxe á visita de Xoán Paulo II e un complexo de albergues de peregrinos e mesmo un auditorio ao aire libre onde tiveron lugar importantes concertos.


Lugares de Bando
     Bando de Abaixo, Bando de Arriba, O Castro, Pousada, San Marcos,  Zaramacedo



Monte do Gozo
     O Monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da Catedral.



Historia
     Na Idade Media había no monte unha capela, mandada construír por Xelmírez en 1105, na que os peregrinos se axeonllaban en sinal de agradecemento por ter chegado até aí. Dende ese punto moitos dos peregrinos a cabalo facían o resto do camiño a pé (como Afonso XI) e outros remataban a súa peregrinación mesmo descalzos. Esa capela foi abandonada no século XVII.



     En 1989 fixéronse no monte grandes obras para poder acoller alí a visita do papa Xoán Paulo II con motivo da multitudinaria Xornada Mundial da Xuventude.


     Actualmente o Monte do Gozo dispón dunhas enormes instalacións para acoller peregrinos, que incluen un albergue con capacidade para centos de persoas, restaurante, cafetería, lavandería, tenda, campo de fútbol, e un gran auditorio descuberto no que actuaron bandas como Rolling Stones, Bruce Springsteen e Red Hot Chili Peppers entre outras, diante de ata 40.000 persoas. 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901