martes, 6 de diciembre de 2016

VICHOCUNTÍN - PEDRE - CERDEDO

 VICHOCUNTÍN
PEDRE
CERDEDO - COTOBADE


Vichocuntín
     Vichocuntín é un lugar da parroquia de Pedre no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra. 


     Segundo o IGE, en 2015 contaba con 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2012 cando tiña 11 habitantes.


Topónimo
     Vichocuntín é un antropotopónimo, derivado do nome do seu posesor medieval: (villa) Visclacuntini, "o eido de Visclacuntino", de etimoloxía xermánica.



Historia e patrimonio
     O trazado da estada entre Ourense e Pontevedra propiciou a construción dunha ponte sobre o río Lérez en 1852. 



     A ponte está composta por un arco rebaixado duns 35 m de longo e 25 de alto, con varandas de pedra concertada e lucida, obra dos canteiros da terra. 


     Na segunda metade do século XX modificouse o trazado da estrada N-541, polo que a aldea vella foi abandonada de forma paulatina, e os seus moradores reinstaláronse ao pé da nova estrada.


     Hai un peto de ánimas cun cruceiro.


Pedre
     Pedre é un lugar da parroquia de Pedre no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra. 



     Segundo o IGE en 2012 contaba con 161 habitantes (82 mulleres e 69 homes) o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 183 habitantes.


Lugares de Pedre
     Pedre, Serrapio, Vichocuntín


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901