sábado, 10 de diciembre de 2016

XANTAR EN EL CARLOS OROZA

 XANTAR EN EL CARLOS OROZA
 C.I.F.P. CARLOS OROZA
PONTEVEDRA


       Con motivo da comida no C.Í.F.P.  Carlos Oroza, na que nos dabamos cita varios blogger e xentes de medios de comunicación aproveitamos para visitar as novas instalacións e en particular a cociña do centro.


     Xa habiamos estado fai un tempo na anterior aula - cociña,pero esta nova resulta impresionante e expectacular.Nos sorprendio o bo facer dos mozos e mozas que estudan no centro,polo que podemos asegurar que a cociña galega ten futuro e ademais futuro brillante .



     O noso agradecimiento á dirección do centro por permitirnos acceder á cociña .



     Fai uns días xa vos contabamos que ibamos a poñer imaxes do menú da xuntanza, nin que dicir ten que todo o que se fai na cociña do Carlos Oroza é de moi alto nivel.


 
     Realmente estaba todo delicioso, e nesta tempada que visitamos o centro por varios motivos nin un só día deixaron de sorprendernos o que elaboran os alúmnos do centro, tanto en pastelería, panadería, costelería e prosupuesto a cociña.



     Pensando en como definir o que elaboran no centro ocórrelleme pensar en " manjar de deuses "


   
       En poucos días volveremos visitar o Carlos Oroza para ver as novas instalacións para panadería e pasteleria, visitámolas sen terminar e parecéronnos espectaculares,así que en pouco volvemos



     O C.I.F.P. Carlos Oroza pertence á rede pública de centros integrados de formación profesional da Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
   


     Foi creado no ano 1.996 mediante un convenio de cooperación asinado entre a Consellería de Educación da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra.


     A finalidade deste convenio foi dotar á provincia de Pontevedra dun centro educativo que dinamizase as ensinanzas da familia profesional de hostalaría e turismo nun sistema integrado de formación, mediante o establecemento dunha oferta educativa de ciclos formativos, accións formativas para o emprego, programas de acreditación de competencias profesionais, e un espazo de cooperación entre o centro educativo e as empresas do sector, sendo este un dos estratéxicos da economía de Pontevedra, posicionando as Rías Baixas como un dos destinos turísticos principais do país.


     Son 50 profesionais que temos o obxectivo de proxectar á sociedade un ensino de calidade a través da innovación e o traballo en equipo, aportándolle  o valor engadido do saber facer.



Onde estan:

     Localícenos co seu GPS nas seguintes coordenadas:  N= 42º 25′ 38”     W= 8º 37′ 01”



     O CIFP Carlos Oroza atópase en Pontevedra, dentro do recinto da Cidade Infantil Príncipe Felipe. 



     A mellor referencia é o Hospital Montecelo e a baixada ao campo de fútbol, xa que a man esquerda está o centro educativo.


Datos de contacto:

Avda. de Montecelo, núm.16  36161 Pontevedra.
Teléfono. 886 159 545  —  Fax. 886 159 557
cifp.carlos.oroza@edu.xunta.es
www.edu.xunta.es/centros/cifpcarlosoroza


MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente:  C.I.F.P. Carlos Oroza
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901