lunes, 5 de octubre de 2015

SAN LOURENZO - TEMES - CARBALLEDO

 SAN LOURENZO
TEMES
CARBALLEDO
LUGO


Temes
     Santa María de Temes é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. 


     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 61 habitantes (33 homes e 28 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 70 habitantes. 


     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 38 habitantes, sendo 19 homes e 19 mulleres.


Lugares de Temes
     Alvite, Antes, A Cuqueira, A Enfonxa, A Laxa, Pasarín, San Lourenzo, Temes, O Vao



Carballedo
Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada.



Demografía
     Segundo o IGE en 2014 tiña 2.401 habitantes (2.929 no 2006, 3.010 no 2005, 3.055 no 2004, 3.061 no 2003).



     O concello ten 139,6 km², repartidos en 23 parroquias. Está situado ao suroeste da provincia de Lugo, na comarca de Chantada. 



     Limita ao norte con Chantada, ao sur con Vilamarín e A Peroxa, ao leste con Pantón e ao oeste con San Cristovo de Cea e Rodeiro.


     É un terreo de media montaña, entre a serra do Faro e o río Miño, no encoro dos Peares. 



     Tamén está regado polo río Búbal. 


     Está atravesado coa estrada N-540 que comunica Lugo e Ourense, que atravesa o termo de Norte a Sur (pasando pola súa capitalidade, A Barrela).


     O clima é oceánico, con matices continentais canto máis ao sur, con temperaturas moderadas e choivas abundantes. 



     O seu ecosistema viuse afectado pola construción do encoro de Belesar.



Historia
     Da época do megalitismo consérvanse as mámoas de Vilar de Monte. 

 


     Hai restos da época da cultura castrexa, como os castros de Morgade, Buciños, Papelle e Touza.


     Nunha pequena igrexa da parroquia de Temes achouse un sartego do século IV, encargado por un terratenente galaico-romano a un obradoiro de Roma. 



     Da época do románico son as igrexas monacais de Santo Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova.


     Trala fin do antigo réxime, en 1840 creouse o concello de Carballedo, sendo importante a influencia de José Antonio Ribadeneira, da Casa Grande de Loureiro, bispo de Valladolid e auditor da Sagrada Rota Romana.



      Suprimiuse o concello de Asma, que comprendía a conca do río Asma até a confluencia coa do río Comezo, integrándose as parroquias da marxe dereita agás as de Santa Cruz e Santa Uxía de Asma, do concello de Chantada. 


     Nun primeiro momento a capital situouse no lugar de Carballedo, sendo trasladada sucesivamente a San Mamede de Lousada, Penaboa, Buciños, Chouzan, Castro e A Barrela, onde se mantén actualmente.


Parroquias de Carballedo    
     Aguada (Santa Baia), Buciños (San Miguel), Carballedo (Santa María), Cartelos (Santo Estevo), Castro (San Cristovo), Chouzán (Santo Estevo), A Cova (San Xoán), Erbedeiro (San Pedro), Furco (San Gregorio), Lobelle (San Cristovo), Lousada (Santiago), Marzás (Santa María), Milleirós (San Xoán) , Oleiros (San Miguel), Pradeda (Santiago), San Mamede de Lousada (San Mamede), San Romao de Campos (San Romao), San Salvador de Búbal (San Salvador), Santa Baia de Búbal (Santa Baia), Santa Cristina de Asma (Santa Cristina), Santa Mariña do Castro (Santa Mariña), Temes (Santa María), Veascós (Santa Mariña), Vilaquinte (Santa María)



Comarca de Chantada
     A Comarca de Chantada é unha comarca galega situada na provincia de Lugo e a súa capital é Chantada. 



      Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901