viernes, 2 de octubre de 2015

EIRA DE COIÑEIRA - OS CASARES - O IRIXO

 EIRA DE COIÑEIRA
OS CASARES
O IRIXO
OURENSE

Os Casares
     Os Casares é un lugar da parroquia da Cidá no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. 


     Tiña 5 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 2 eran homes e 3 mulleres.


Cidá
     Santa Mariña da Cidá é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 



     No ano 2007 contaba con 70 habitantes, deles 33 eran homes e 37 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.



Lugares da Cidá
Os Casares, Nabás, Orros, Paredes, Valdesoiro.


 
O Irixo
     O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.637 habitantes (2.092 en 2003).



Xeografía
     O concello, de 120 km² de superficie, abrangue 12 parroquias, e sitúase ao noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte cos municipios de Lalín e Dozón, ao sur cos de Boborás e O Carballiño, ao leste co de Piñor e ao oeste cos de Forcarei, Beariz e Bohorás.



     Está situado ao pé da serra do Testeiro. Os solos son de granitos e xistos do precámbrico, nos que a forte erosión provocou morfoloxía aplanada. 



     Destaca o monte do Paraño (800 m). Os bosques, matos e pastos ocupan máis do 80 % da superficie municipal. 


     A presenza de carballos e castiñeiros nas valgadas minguou pola reforestación de piñeiros e eucaliptos, se ben os incendios forestais fixeron desaparecer moitas das plantacións, deixando en ocasións a rocha á vista.


     Nas zonas húmidas e fluviais hai numerosos ameneiros, e nos lugares próximos ao tendido ferroviario hai acacias e mimosas, usadas para fixar os desmontes ocasionados pola construción das vías. 


     Existen tamén numerosas praderías naturais de secaño, e zonas de matagueira nas que destacan o toxo, a uz e a xesta. Os solos son bastante pobres e ácidos, sendo necesarios os fertilizantes e correctores para a agricultura.


 Parroquias do Irixo    
     Campo (Santa María), Cangues (Santo Estevo), A Cidá (Santa Mariña), Corneda (Santiago), Dadín (San Pedro), Espiñeira (San Pedro), Froufe (San Xoán), Loureiro (Santa Mariña), Parada de Labiote (San Xulián), Reádigos (Santa Baia), O Regueiro (San Pedro), San Cosmede de Cusanca (San Cosmede)



Comarca do Carballiño

     A Comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Carballiño. 



     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

 MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901