FERVENZA DO CABO
REGO DA SERRA
PARADELA
LUGO
Loio-Ruxidoira
Os espazos naturais de interese local, tal e como define a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, son lugares singulares que merecen algún tipo de protección dos seus valores naturais.
O ENIL Loio-Ruxidoira ten unha superficie de 437 hectáreas que se localizan nas seguintes parroquias do Concello de Paradela: Loio, Castro San Martiño, Castro (San Mamede), Ferreiros, Francos, Cortes, Laxe, Suar, San Miguel, Vilaragunte e Barán.
Estes bosques de especies autóctonas son bosques maduros e equilibrados que favorecen a biodiversidade e son refuxio dun gran número de especies de fauna e flora.
Entre as marabillas botánicas que atesoura o ENIL hai varias árbores singulares como algún carballo centenario que se atopa en pleno sendeiro da ruta do Loio e os castiñeiros centenarios das ruínas de Sta María de Loio, ademais de carballos e castiñeiros dispersos na ruta que sen ser centenarios poderían estar próximos, dado a morfoloxía característica que presenta o seu tronco.
Este tipo de bosques teñen un microclima que favorece a existencia dunha gran variedade de especies de fauna e flora, no entorno do río poderemos atopar, entre outras moitas especies: ourizos, rás verdes, lucións, toupas, furafollas, morcegos, armiños, donicelas, londras …etc.
E tamén numerosas aves como miñatos, gatafornelas, falcóns pequenos, paspallás, rulas, cucos, lavercas, paporrubios, reiseñores da auga, bufos pequenos...etc. e algún que outro raposo, corzo, porco bravo...etc
O sendeiro PRG-14, coñecido como Ruta do Loio e homologado pola Federación Galega de Montañismo, que conta coa sinaléptica habitual das rutas de sendeirismo é a mellor maneira de realizar unha primeira aproximación ao ENIL e coñecer ademais varios muíños, como p.ex. o muíño do Cabo no inicio ou o muíño da Retorta que acaba de ser restaurado.
Desde o roteiro, tomando un desvío podemos visitar os restos do mosteiro onde se funda a Orde dos Cabaleiros a Santiago ou un altar de sacrificios no lugar de “Pena da ferradura do cabalo” onde abundan as matogueiras de acivros (Ilex aquifolium), de novo unha especie en perigo de extinción e catalogada como especie protexida. O feito de ser unha planta que frutifica en inverno dálle un valor ecolóxico moi importante, ó ser unha boa fonte de alimento para moitas especies, especialmente paxaros.
En definitiva, natureza e historia para pasar un día de lecer é o que atoparemos neste lugar protexido.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Paradela
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901