domingo, 7 de agosto de 2022

MUIÑO DE VENTO DA GUIA - A GUIA - A GUARDA

MUIÑO DE VENTO DA GUIA

A GUIA

A GUARDA

       Muíño de torre fixa de sección case cilíndrica cunha altura aproximada de 4’5 metros, feita a base de cachotería granítica encintada, que se asenta sobre unha plataforma elevada e rochosa.

     A súa cuberta, hoxe desaparecida, era xiratoria xa que no cumio das paredes presentan unhas pezas de cantería con canella por onde circularían as rodas da cuberta.

      Na cara Sur podemos ver a porta de entrada e, obre ela, unha pequena fiestra; posúe dúas máis nas caras Oeste e Noroeste.

     No interior, hoxe baleiro, destaca unha lareira na cara Oeste, e un forno. Tamén podemos ver dúas despensas a diferente altura, o que presupón que o muíño tería dúas alturas.

     Na parte superior aparecen catro argolas, que terían a finalidade de amarra-la cuberta xiratoria unha vez orientada ó vento.

    Non se conservan os elementos mecánicos, pero sábese que tiña catro velas de lenzo e unha pedra para moer.

     Este muíño serviu como polvoriño para gardar en depósito armas (cartuchos, revólveres e pistolas), e sobre todo moitos quilos de dinamita, pólvora e mechas. 

     A dinamita era utilizada na construción do Porto da Guarda, nas canteiras do Trega e Torroso, na apertura da estrada das Patas, na estrada do Curuto cando a ampliación a Tui, así como na canteira de San Queitano do Grelo.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901