EIRA DE PIÑÓN
PIÑÓN
ZAPARÍN
CORTEGADA
Piñón
Piñón é un lugar da parroquia de Zaparín no concello ourensán de Cortegada na comarca do Ribeiro.
Tiña 11 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 4 eran homes e 7 mulleres.
San Martiño de Zaparín é unha parroquia do concello de Cortegada, comarca do Ribeiro, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 31 habitantes, dos cales 9 eran homes e 22 eran mulleres.
Xeografía
Zaparín atópase nun pequeno socalco sobre o canón do río Arnoia estando situada no punto xeográfico máis alto do concello de Cortegada dominando todo o val do concello da Arnoia e parte dos de Gomesende e Cartelle.
Limita ao norte con Cartelle, ao sur con Piñón e A Raíña, ao leste con Carballeda(abandonada dende os 80 ) e oeste con Louredo.
Historia e patrimonio
No lugar de Zaparín hai unha ara romana adicada aos deuses Ceceaigis. A igrexa parroquial é do século XVII con engadidos posteriores, como a espadana de 1911.
No lugar da Torre hai un peto de ánimas só decorado por un atrio cuberto por falsa bóveda.
En 1218, Pedro Fernandi "milite de Zaparín" foi nomeado polo rei Fernando III de Castela casteleiro das fortalezas de Sande (Cartelle) e santa Cruz (Quintela de Leirado), que máis adiante tería un preito posto polo abade do mosteiro de Celanova por mor da titularidade da torre de Sande. Xa durante o Antigo Réxime o lugar pertenceu ao couto do priorado de Refoxos.
A parroquia foi creada no ano 1893, segregándose os seus lugares da de Refoxos.
Ata mediados da década de 1990 tivo tenda de ultramarinos e foi lugar de paso cara ao Santuario do Val.
Lugares de Zaparín
Cerdeiral, Fondevila, Piñón, A Raíña, A Torre, Zaparín
Comarca do Ribeiro
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.
A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).
Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.
Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901