IGREXA DO BOM XESÚS DA CRUZ
BARCELOS
Igrexa do Señor Bom Xesús dá Cruz
A orixe da Igrexa do Señor Bom Xesús da Cruz atópase relacionado coa misteriosa aparición dunha Cruz de terra negra no chan do Campo da Feira, en decembro de 1504.
Máis tarde, constúese unha pequena capela para lembrar o sinal divino.
Dous séculos despois, en 1704, empezouse a construír no mesmo lugar unha nova igrexa cuxo proxecto foi concibido por João Antunes.
O coñecido arquitecto portugués optou por un estilo moi característico do norte do país no que o granito, principal material utilizado na construción local, e o branco do cal conxugáronse nas harmoniosas formas barrocas, neste caso, de inspiración italiana.
O interior, de planta octogonal, impresiona pola robustez do monumento que se ve polas grosas paredes e na pesada cúpula de granito, con preto de 10 metros de diámetro.
Distínguense os altares de talla dourada, principalmente o que ten a imaxe do Señor da Cruz datada no s. XVI, e os paneis de azulexos do século XVIII da autoría de João Neto, recoñecido azulejador lisboeta.
Aquí ten lugar una das festas relixiosas máis importantes de Barcelos, a Festa das Cruces, que se realiza a principios de Maio.
Nesta época, merece a pena visitala para admirar as alfombras de pétalos que cobren o chan da igrexa durante a festa que dura cinco días.
MAPA
Fuente: Web Visit Portugal
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901