lunes, 1 de agosto de 2022

CASTELO DE CASTRODOURO - CASTRO - ALFOZ

CASTELO DE CASTRODOURO

CASTRO

ALFOZ

     O Castelo de Castrodouro, verdadeiro emblema do Concello de Alfoz, tivo a súa orixe nun asentamento castrexo de comezos do século primeiro despois de Cristo.

     Desta construción, só conservamos as estruturas exteriores da torre da homenaxe da primitiva fortaleza, xa que arredor do século IX unha familia da meseta, apoiada pola monarquía asturiana, funda o mosteiro familiar no século XI baixo o poder da diocese de San Martiño de Mondoñedo quen o fortifica.

     No 1220 o Rei Alfonso IX concédelle o título de vila e todo un alfoz ao Castro de Ouro e aproximadamente nesta época, a infraestrutura do mosteiro militarízase.

     No século XV é ocupado polo Mariscal Pardo de Cela, quen o perde trala súa morte pasando a ser propiedade da diocese mindoniense quen o reconstrúe despois de que os Reis Católicos decidiran a súa  destrución, converténdoo en residencia episcopal ata o século XVII no que foi abandonado.

     A finais do século XIX foi usucapido polo Concello de Alfoz de Castro de Ouro quen decidiu arranxalo a comezos do século pasado, destinándoo ata o ano 1990 a Casa Consistorial e se do Xulgado Municipal.

     En 1949 e en virtude do Decreto do 22 de abril obtivo a protección legal e no 1994 foi inscrito no rexistro de Bens de Interese Cultural e adquiriu, desta forma, a maior das proteccións legais posibles para un monumento.

     Na actualidade o Castelo acolle varias dependencias municipais que contribúen á súa posta en valor: punto de información turística, sala de exposición e sala museo.

MAPA 

 

Fuente: Concello de Alfoz

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901