FARO DE RONCADOIRA
PUNTA RONCADOIRA
PORTOCELO
XOVE
Faro de Punta Roncadoira
O faro de Punta Roncadoira é un faro situado na costa cantábrica galega.
Localización
Sitúase na punta Roncadoira na costa de Vilachá, na parroquia de Portocelo, Xove. Construído en 1984 como apoio aos outros faros próximos que sinalizan a ría de Viveiro.
Ten unha elevación de 80 metros sobre o nivel do mar e un alcance de 20 millas.
Desde 1993 depende da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
Ría de Viveiro
A ría de Viveiro é unha ría da provincia de Lugo, en Galicia. Forma parte das rías Altas.
Está formada pola desembocadura do río Landro, que percorre 42 km ata forma esta enseada. Está nos concellos de Vicedo, Viveiro e Xove. Ábrense á ría o porto pesqueiro da parroquia de Celeiro, a capital municipal do concello e a zona residencial de segunda vivenda na parroquia de Covas.
Dentro dela están a Praia de Covas, Praia de Area, Praia de Seiramar, Praia de Sacido, Praia de Abrela, Praia de Portonovo, ou Praia de Esteiro. Así como as illas de Area, Gabeira ou Queimada.
Portocelo
San Tirso de Portocelo é unha parroquia do concello lugués de Xove. Ten cinco núcleos de poboación. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2020 tiña 265 habitantes (140 homes e 125 mulleres).
Territorio
Na súa costa está a enseada de Portocelo, que serve de abrigo ao portiño, e onde tamén se sitúan tres praias que quedan comunicadas coa marea baixa. Máis ao oeste a costa é máis accidentada.
Os accidentes máis importantes son a Punta de Roncadoira, onde se sitúa o faro de Punta Roncadoira, sendo o extremo máis setentrional deste tramo de costa, Punta da Mansa e Punta Saíñas. Así mesmo, a escasa distancia da costa hai un conxunto de pequenas illas coñecidas como Os Netos e situado entre Punta da Mansa e Punta Saíñas.
Economía
Os sectores económicos principais son a pesca e a agricultura. O marisqueo foi tradicionalmente un recurso auxiliar para as familias labregas e na actualidade o percebe e ourizo son explotados profesionalmente. Canto á pesca, a frota que ten como base o porto de Portocelo redúcese a un pequeno número de embarcacións tradicionais. A agricultura é outro dos sectores económicos máis importantes da parroquia. Destacan o cultivo do millo, grelos e pataca. A explotación dos montes de eucalipto constitúen unha importante fonte de ingresos para os habitantes da zona.
Patrimonio
A igrexa de San Tirso, cuxas ruínas aínda se poden ver en Portocelo, e a igrexa de Vilachá, construída no século XX en substitución da primeira.
Historia
Na década de 1970 Fenosa promoveu a construción dunha central nuclear no lugar de Regodela. Este proxecto encontrou unha forte oposición tanto na sociedade galega da época como nos habitantes da zona, e o 10 de abril de 1977 tivo lugar unha manifestación histórica, na que 8.000 persoas marcharon desde Viveiro até Xove.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901