martes, 2 de agosto de 2022

CITANIA DE BRITEIROS - GUIMARAES

 CITANIA DE BRITEIROS

BRITEIROS

GUIMARAES

 Citania de Briteiros
     A citania de Briteiros é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro do norte de Portugal.

     É unha das citanias máis características da cultura castrexa do noroeste da Península Ibérica.

     As ruínas foron descubertas polo arqueólogo Martins Sarmento en 1875, sendo un dos primeiros castros escavados e estudados con métodos científicos .

Situación
     Sitúase no alto do monte de São Romão, nun macizo da Serra da Cabreira, na freguesía de São Salvador de Briteiros e parte na freguesía de São Bento de Donim, ambas no concello de Guimarães (a aproximadamente 15 km ao Noroeste desta cidade), no distrito de Braga. 

       Fica tamén preto dos santuarios do Sameiro e do Bom Jesus de Braga. O emprazamento está a unha altura sobre o nivel do mar de 336 metros


Descrición
     Consiste, basicamente, nos restos dun poboado amurallado. O sistema defensivo componse de tres murallas, con dous metros de ancho de media, e cinco metros de altura.

     A influencia da romanización no poboado, a partir do século I a. C., é evidenciada en numerosos vestixios, como inscricións latinas, moedas da República, do Imperio, fragmentos de cerámica importada (terra sigillata), vidros etc. 

     Revélase nesta cultura trazos da influencia indíxena no dispositivo topográfico do poboado, no trazado das murallas, na planta circular das casas, no proceso da súa construción e na decoración con motivos xeométricos.

     Un dos monumentos prerromanos máis curiosos é o coñecido como pedra formosa, un balneario, composto por unha pequena cámara redonda unida a un recinto cuadrangular. Os dous compartimentos dividíanse por unha estela de forma pentagonal, cunha pequena abertura no fondo para poder pasar dun lado para o outro. 

     Unha das cámaras servía para tomar baños de vapor, a outra para baños de auga fría. Durante algún tempo, pensouse que este tipo de edificacións foran algún tipo de edificio de carácter funerario.

     Outros monumentos do mesmo tipo foron identificados en diversos castros da antiga Gallaecia, en Barcelos, na citania de Sanfins.

     Como testemuño do primitivismo das orixes da citania de Briteiros atopáronse machados de pedra neolíticos ou de bronce inicial. 

      Por outro lado, as mámoas situadas nos arredores da citania e os gravados rupestres dos montes próximos mostran a existencia dunha cultura autóctona anterior á romana. Esta citania debeu ser definitivamente abandonada no século III.

      Interpretacións recentes permiten atribuír á Citania de Briteiros o papel de capital política dos Callaeci Bracari no inicio do século I d. C., onde se reuniría o respectivo "consilium gentis" na grande casa circular de banco corrido.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901