lunes, 1 de agosto de 2022

FARO DE PUNTA ATALAIA - SAN CIPRIÁN - CERVO

FARO DE PUNTA ATALAIA

SAN CIPRIÁN

CERVO

FARO DE PUNTA ATALAIA
     En 1860 apróbase unha luz de 6ª orde na Atalaia de San Ciprián para indicar aos navegantes a situación deste porto, por aquel entón moi concorrido, a causa do movemento da fábrica de louza e fundición de Sargadelos e doutros buques que transportaban sillería.

     O proxecto data de 1861 e realizouno o enxeñeiro Marcelo Sánchez Novellán, autor tamén do faro da illa Coelleira (ría do Barqueiro). Foi presupostado en 46.836 reais e aprobado por R.O do 23 de xullo de 1861.

     Contaba cun aparato óptico de 150 mm de distancia focal e unha lanterna octogonal de 1,50 m de diámetro.

     Tiña unha lámpada moderadora servida por un só torreiro.

     O edificio, de tipoloxía similar ao da illa Coelleira, está cimentado sobre unha base de 16,20 m x 16,80 m que o eleva lixeiramente do chan, illándoo do areal circundante. O edificio é de forma cadrada e de 11 m de lado.

     En 1883 cámbiaselle a lámpada por unha soa mecha e despois por outra de gasolina. En 1905 acórdase o cambio de apariencia á de grupo 3 máis 2 ocultacións brancas, dándose así cumprimento coa adaptación a un sistema de pantallas xiratorias montadas sobre flotador de mercurio e accionadas por unha máquina de reloxería, que entrou en servizo o 29 de Setembro de 1922.

     Coa posta en funcionamento da factoría de aluminio e o seu porto, o tráfico marítimo adquiriría grande importancia. Esta foi a razón que determinou a construción dun novo faro de máis altura e alcance, situado xunto ao primitivo. É unha torre de tipo normalizado, de 3 m. de diámetro e 13,70 m. de altura, de cor branca con franxa negra. Foi equipado cun sistema eléctrico-gas con lámpada de 500 w e óptica de tambor de 500 mm.

     Coa adopción do faro, en 1993, pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Ciprián, suprimiuse o sistema eléctrico-gas e instalouse un equipo luminoso completamente novo alimentado por unhas baterías e un investidor encargado de transformar a corrente continua das baterías en alterna, cando falla a rede eléctrica.

     Tamén foi monitorizado o faro na súa totalidade para ser supervisado dende o Centro de Control situado no Porto de Ferrol.

     No ano 2002 realizouse unha importante rehabilitación e mellora, tanto no faro en servizo como no resto das edificacións. No ano 2007 realizouse unha mellora na contorna do faro para o seu uso público.

MAPA 

 

Fuente: Concello de Cervo

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901