RUINAS
IGREXA VELLA DE SAN PAIO DE LOEDA
LOEDA
PIÑOR
IGREXA VELLA DE SAN PAIO DE LOEDA
Pequena e sinxela igrexa que conta cunha nave de porta adintelada, xunto a cal figura unha inscripción labrada nun sillar "Esta es igrexa de Refuxio e Sagrado".
Culmina a fachada unha espadana dobre. Ten diversos elementos encostados: á cabecera un posadero, e á sancristía o osario.
A data máis antiga á que se ten constancia da súa existencia é do século XII, aínda que as súas orixes foron medievais e sufriu unha completa reforma.
Hoxe esta totalmenta abandonada e en ruinas
Loeda
San Paio de Loeda é unha parroquia do concello de Piñor na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
No ano 2011 tiña 161 habitantes, deles 87 eran homes e 74 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 167 habitantes.
Patrimonio
En Lousado existe unha antiga fábrica de papel inaugurada en 1840.
Lugares de Loeda
Carpaceiras, Casandulfe, Lousado, Outeiro, Ovenza, A Seca, Torguedo, A Torre, Vilanfesta
Piñor
Piñor é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño.
Segundo o IGE en 2014 tiña 1237 habitantes. O seu xentilicio é «piñorense».
Parroquias de Piñor
Barrán (San Xoán), A Canda (San Mamede), Carballeda (Santa María), Coiras (San Xoán), A Corna (Santa María do Desterro), Loeda (San Paio), Torcela (Santiago)
Comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901