FALAMOS CON LUZ PRADO MAGARIÑOS
PUBLICACION DO SEU METODO DE CORTE E CONFECCIÓN
Agradecer a Luz que sempre nos
atende tan ben, graciñas
Algo de ti ?
Estudei administrativo en Monteporreiro, e polas tardes asistía a academia de costura en Pontevedra. Comezei a confeccionar con 18 anos, pero era algo que tiña con hobie.
Comezei de admistrativo ata que un día decidinme a sacar o título de patronista, con 30 anos. A partir de ahí empecei a adicar a miña vida o mundo da moda.
Porque te animas a escribir este método?
Ai 5 anos fundei a escola de The Fashion School nas Pistas en Villagarcía, pero tiven que cambiar de nome a Luz Prado moda diseño e moda, xa que The Fashion School xa estaba rexistrado nunha escola en Italia.
Dando clases aos meus alumn@s, dinme de conta que case sempre tiñan duvidas no mesmo, o sistema de ensinanza que estaba estaba obsoleto, precisabase unha innovación no mundo do corte e da
confección, pois o primeiro sistema de ensinanza rexistrado neste mundo data do ano 1585, (según a BNE bibliotequeta nacional española), e ata agora todos os sistemas seguiron a mesma dinámica.
Existen mais métodos?
Si, existen no mercado mais métodos, que non foron actualizados. Seguen sendo en blanco e negro e con ilustracións antigas. Ollo!! con isto non quero decir que sexan malos.
Conocinte facendo diseños, sigues ou o tes aparcado?
O mundo da ensinanza atraeme moito, non sei como, son capaz de facer fácil o dificil. Ao ter a escola, teño menos tempo para adicarme ao diseño. Sigo formándome con grandes masters arredor do mundo, e aprendo técnicas novas.
Non o teño aparcado, a verdade e que rabeo por subir outra vez a pasarela, estas restriccións que estamos a vivir limitan moito, pero hay mais dun ano que me ronda algo pola cabeza....jajajaja..
Non o teño aparcado, a verdade e que
rabeo por subir outra vez a pasarela
Tes pensando seguir traballando na enseñanza no futuro?
Sempre hai algo novo que aprender e nunca é tarde. Agora mesmo o futuro que teño na cabeza resumese cunha palabra EXPANSION.
Sempre hai algo novo que aprender
e nunca é tarde.
A confeccion a medida esta mais aparcado o teu futuro?
A Confección a medida é a alta costura. Seguense facendo traballos a medida, a roupa senta mellor cando esta adapatada ao corpo.
O problema é que a xente segue sen valorar
o traballo das modistas e costureiras
O problema é que a xente segue sen valorar o traballo das modistas e costureiras, traballos manuais, que requiren de técnica, destreza, experiencia, e cariño.
Eu podo coller unha tela de gasa, e bordar nela o que queira e incluso incrustarlle pedras preciosas, despois realizar un patrón a moulage, e confeccionalo, realizando unha peza única, pero este pódeme levar de 3 a 6 meses ou mais, hay pouca xente disposta a pagar eso.
Como fixeches o libro?
Comencei o borrador a man alzada durante o confinamento, o meu fillo coas suas pinturas redibuxou algunhas ilustracións jajajaja. Despois paseino ao ordenador, rematei o 19 de febreiro e ata agora todo foi
burocracia e rexistros, coa axuda do asesoramento do punto smarpteme de Cambados.
Para min era moi importante que este libro non fose un mais, senon que sexa o libro de enseñanza por excelencia, polo que incluín todos os meus coñecementos coas dubidas dos meus alumn@s.
O libro esta a cor e con imaxes reais e modernas, as ilustracións fíxenas cun programa de patronaxe básico.
Donde se pode mercar o libro?
Atopase a venta na escola de diseño e moda Luz Prado, que esta en Vilagarcia de Arousa, cl Julio Camba bajo 4. Urbanización O Piñeiriño, As Pistas. ou no correo info@luzpradomoda.es Esta a venda a calquera persoa
que o queira adquirir e o seu precio de venta e de 60€
A quen vai dirixido o libro?
É o sistema de ensinanza co que se teñen que formar tod@s os alumn@s da miña escola, e importante que saían de aquí coa formación suficiente para enfrentarse ao mundo laboral que lles espera, e conseguir o posto
que desexen.
Tamén vai dirixido a tod@s aquelas persoas aficcionadas ao mundo da modatextil, e as academias que desexen formar aos seus alumn@s con este sistema, respetando sempre baixo contrato aos dereitos de autor.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Texto: Pilar Gómez Buhigas
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901