domingo, 6 de junio de 2021

MUIÑO DE MUÑIN - RÍO VIÑAO - PONTE NOVA - BOBORÁS

 MUIÑO DE MUÑIN

RÍO VIÑAO

PONTE NOVA

BOBORÁS

 Boborás
     Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. 

     Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003).

     Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial.O seu xentilicio é boborao ou boborés.


Xeografía
     O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. 

     Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.

     O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.


Historia

     Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. 

     Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.

Patrimonio histórico e artístico
     A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.

     A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.

     A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.

     O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.

     O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.


Parroquias de Boborás     
     Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón), Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)


Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901