FONTE DA IGREXA
SAN XOÁN DE BARRÁN
PIÑOR
A fonte da Igrexa de San Xóan de Barrán
A fonte da Igrexa de San Xóan de Barrán (1801) está detrás da devandita igrexa. Trátase dunha fonte de pedra de forma rectangular feita de perpiaños graníticos, coroada cun frontón apuntado con tres pináculos. O central debía estar rematado cunha cruz, hoxe desaparecida.
No pináculo da esquerda figura a inscrición "AÑO" e no da dereita "1801". A parte inferior da fonte conta cunha fornela na que aparecen as figuras de San Xoán e Cristo (que porta nunha man a bóla que representa o mundo) nunha curiosa disposición, pois é Cristo quen bautiza a San Xoán.
Enriba da fornela hai un escudo de pedra que representa unha man agarrando un cruceiro. Rodeando o escudo hai diversas inscricións que compoñen o nome da persoa que mandou edificar a fonte: "DON JOAQUÍN BARROS".
Barrán
San Xoán de Barrán é unha das sete parroquias do concello ourensán de Piñor.
En 2011, segundo o IGE, tiña 255 habitantes (119 homes e 136 mulleres).
Monumentos
A igrexa de San Xoán de Barrán é un templo relixioso do século XIII (1226) con nave única. Destaca a súa fachada de porta alintelada con pináculos ós lados sostida por pilastras.
Sobre a porta, un grande óculo enche de luz o interior. A fachada está rematada por unha espadana dobre con balaustrada. O interior conta cun retablo barroco de tres rúas separadas por columnas salomónicas de decoración vexetal no cal destacan as imaxes de San Roque, Santo Antón e San Francisco.
Hai tamén divesos obxectos de prata: un cáliz, unha custodia e un incensario, todos do século XVIII, unha cruz parroquial barroca e un copón do século XIX.
Lugares de Barrán
Albarona, Arenteiriño, Arenteiro, Barrán, Fontelo, Piñor, Senderiz, Senra
Piñor
Piñor é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 1237 habitantes. O seu xentilicio é «piñorense».
Parroquias de Piñor
Barrán (San Xoán), A Canda (San Mamede), Carballeda (Santa María), Coiras (San Xoán), A Corna (Santa María do Desterro), Loeda (San Paio), Torcela (Santiago)
Comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901