MÁMOA DA CHOUSA
CAMPOMARZO
ABADES
SILLEDA
Mámoas
Os primeiros rastros de poboamento atopámolos nos campos de mámoas datados na Idade do Bronce, ou incluso antes, abundantísimos no concello aínda que merece ser destacado por ser o primeiro recentemente descuberto e mostrado para o público (ano 2010), o situado na parroquia de Abades coñecido como a Mámoa da Chousa Nova I.
Situación:
Campomarzo - Abades
Cronoloxía:
4340-4260 a.C. Máis antiga das datadas en Galicia.
Coordenadas:
X: 557.906 Y: 4.734.043 H: 29
Para chegar hai que coller, na poboación de A Bandeira (N-525), a estrada autonómica PO-204 que vai cara ao Concello de Vila de Cruces e no lugar de Campomarzo coller á esquerda en dirección ao Santuario de Abades.
O túmulo atópase preto da estrada local xusto enriba do falso túnel construído sobre a liña férrea do AVE.
Os traballos de excavación motivados polo paso da Liña de Alta Velocidade Ourense-Santiago, pola parroquia de Abades, descubriron unha cámara megalítica intacta e os restos dun complexo sistema construtivo.
O monumento foi levantado segundo o estilo da época, é dicir, colocando pedras para formar unha especie de caixa e cubríndoas cunha gran lousa. A cámara quedaba sepultada baixo unha morea de terra, o túmulo, que lle confería un aspecto redondeado.
As análises de Carbono14 realizadas sitúan este xacemento entre o ano 4340 e o 4260 a.C., converténdoa nunha das cámaras megalíticas máis antigas das datadas ata o momento en Galicia.
Para comprender o valor para os seus construtores, hai que ter en conta que non se coñecía o metal e os centos de metros cúbicos que forman o túmulo tiveron que moverse con instrumentos de madeira, ósos, cestos feitos de vimbios e sacos de esparto. A pedra da cuberta pesa uns 2950 quilos.
No interior da cámara, baixo anacos da lousa cuberta partida, conservábanse aínda as evidencias dun enterramento individual.
Aínda que a acidez dos solos galegos impide a conservación dos ósos tan antigos, un colar de doas de ámbar e variscita ocupaba o centro da cámara, disposto como se estivese depositado sobre un corpo humano. Unha pequena lámina de aixada, un cincel e una afiador completaban o enxoval.
MAPA
SÍGUENOS:
Fuente: Web Turismo de Silleda
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901