EIRA DE COUSO
COUSO
ESPIÑEIRA
O IRIXO
Couso
Couso é un lugar da parroquia de Espiñeira no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño.
Tiña 14 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 8 eran homes e 6 mulleres.
Lugares de Espiñeira
Carballeda, Couso, Espiñeira, O Espiño, Munín, Trabazón
Espiñeira
San Pedro de Espiñeira é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 94 habitantes, deles 44 eran homes e 50 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Patrimonio
A igrexa parroquial é do século XVIII, con nave dun só corpo e capela maior, á que se accede por arco de medio punto. A sancristía está anexa no lado norte. No retablo maior, neoclásico, hai imaxes barrocas de San Pedro, Santa Lucía, a Virxe do Carme e San Blas.
Hai tamén un Cristo crucificado barroco e unha talla popular de Santo Antón de Pádua. No templo gárdase un copón en prata do século XVII, un cáliz de prata do século XVIII e mais unha custodia. A carón do templo hai un cruceiro do século XVIII, con pousa.
Na aldea de Munín hai un cruceiro de finais do século XX.
Comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.
Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
Poboación
No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901