lunes, 21 de junio de 2021

CAPELA DE SAN TROCADO - MONTE DE SAN TROCADO - SAN AMARO - PUNXÍN

 CAPELA DE SAN TROCADO

MONTE DE SAN TROCADO

SAN AMARO - PUNXÍN

Monte de San Trocado
     O monte do San Trocado "ás veces escrito Santrocado" ou de San Torcuato é unha montaña da provincia de Ourense situada entre as comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

     Érguese na beira dereita do Miño ao seu paso pola parroquia de Laias, en Cenlle, e o cume acada 554 m no linde entre os concellos de Santo Amaro e Punxín.

     Desde el pódese enxergar toda a redonda, destacando as vistas da Serra da Martiñá (1.037 m; en Cea) cara ó norte, e do Coto de Novelle (715 m; entre Castrelo de Miño, A Arnoia e Cartelle) cara ó sur. 

     Na aba meridional abrollan mananciais de augas medicinais, explotados polo moderno balneario de Laias.

     O monte do San Trocado pertence ós concellos de Cenlle, Santo Amaro e Punxín, e teñen parte nel cinco parroquias: Santo Antonio da Barca de Barbantes, Santa Baia de Laias, Santa Ouxea de Eiras, San Cibrao de Las e San Xoán de Ourantes, co cume situado entre as dúas últimas.


Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).

     Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia.

     O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. 

      Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 


MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901