A HEDREIRA
COUSO
AVIÓN
A Hedreira é un lugar da parroquia de Couso no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro. Tiña 24 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 9 eran homes e 15 mulleres.
Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010 cando tiña 23 habitantes (9 homes e 14 mulleres).
Couso
Santa María de Couso é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.
Segundo o INE, no 2000 eran 244 os veciños de Couso. No 2010 eran 163 (97 mulleres e 66 homes). A perda de xente foi máis acusada nesta parroquia ca noutras. Como en todo o concello, o envellecemento da poboación e a alta esperanza de vida feminina provocan unha alta porcentaxe de mulleres fronte aos homes.
Lugares de Couso
A Hedreira, Couso, Penedo, Taboazas, Vilariño
Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o INE a súa poboación no ano 2015 era de 1.962 habitantes (2.730 no 2006, 2.780 no 2005, 2.804 no 2004, 2.881 no 2003). O seu xentilicioé avionés.
Censo total 1.962
Etimoloxía do topónimo
O seu nome procede do veciño río Avia.
Xeografía
Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.
Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 °C en xaneiro e 19 °C en xullo.
Patrimonio natural
Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.
Patrimonio etnográfico
Salientan, entre as innumerables construcións tradicionais, os chozos do Suído.
Historia
No século XI Avión correspondía ao territorio xurisdicional do Metropolitano de Braga, recoñecido en 1010 polos bispos de Mondoñedo, Astorga, Lugo, Tui, Ourense, Lamego, Coimbra, Porto e Viseu. Porén, esa dependencia non debeu durar máis alá da implantación da Monarquía en Portugal en 1139.
Parroquias de Avión
Abelenda (Santa Mariña), Amiudal (Santiago), Avión (Santos Xusto e Pastor), Baíste (Santa María), Barroso (Santa Baia), Córcores (Santa Mariña), Cortegazas (Santo Antonio), Couso (Santa María), Nieva (Santa María)
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.
A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Muchas gracias por las fotos y la información,muy interesantes las casas
ResponderEliminar,sobre todo una en particular,en A Hedreira,que tiene la chimenea saliendo por la ventana, cuál es su historia???