lunes, 22 de agosto de 2016

VESARREDONDA - FISTEUS - QUIROGA

 VESARREDONDA
BUSTELO DE FISTEUS
QUIROGA
O COUREL


Vesarredonda
     Vesarredonda é un lugar da parroquia de Bustelo de Fisteus, no concello lucense de Quiroga na comarca de Quiroga.


     Tiña 3 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE, dos cales 0 eran varóns e 3 eran mulleres.


Bustelo de Fisteus
     Santa Barbára de Bustelo de Fisteus é unha parroquia do concello de Quiroga na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. 



     No ano 2007 contaba con 24 habitantes, deles 10 eran homes e 14 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006


Quiroga
     Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra.



     Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 3.424 habitantes.



Xeografía
     Quiroga está situada ó sueste da provincia de Lugo nas beiras do río Sil.



     Limita co concello de Folgoso do Courel ao norte, coa provincia de Ourense ó sur, Ribas de Sil e A Pobra do Brollón ó oeste e Vilamartín de Valdeorras e provincia de León polo leste.



     Dista 84 km da capital provincial, Lugo e ten unha superficie de 319 km².



Poboación
Censo total 3.424



Patrimonio
     Réplica do Crismón de Quiroga, no Museo Provincial de Lugo.



     Na igrexa de Santa María da Ermida, do século XII, atopouse un relevo paleocristián en mármore, do século V, coñecido como Crismón de Quiroga. En 1925 trasladouse ó Museo da Catedral de Lugo, onde se expón actualmente.



     Na parroquia de Sequelos consérvanse os restos do Castelo dos Novais e da Torre de Sequeiros.



     Quiroga conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 141 Ruta do Ouro e do Camiño Real, unha ruta sendeirista circular de 16 km con principio e fin na aldea de Margaride.



Parroquias de Quiroga  
     Augas Mestas (Santiago), Bendilló (Santa María), Bendollo (Santa Baia), Bustelo de Fisteus (Santa Bárbara), Cereixido (Santa María), A Enciñeira (Santa Isabel), A Ermida (Santa María), Fisteus (San Mamede), O Hospital (San Salvador), Montefurado (San Miguel), Nocedo (San Lourenzo), Outeiro (Santa María), Pacios da Serra (San Salvador), Paradaseca (San Marcos), Quintá de Lor (Santa María), Quiroga (San Martiño), A Seara (Santa María Madanela),Sequeiros (Santa Mariña), Vilanuíde (Santo Antonio), Vilar de Lor (San Xosé), Vilarmel (San Lourenzo), Vilaster (Santa María)



Comarca de Quiroga
     A Comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León.



     A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901