lunes, 8 de agosto de 2016

IGLESIA DE SANTIAGO DE TABOADA - SILLEDA

IGLESIA DE SANTIAGO
EIREXE
TABOADA
SILLEDA


Iglesia de Santiago de Taboada
     Ten unha nave de planta rectangular. Nas paredes hai canecillos e unha gárgola. Na fachada principal, ten unha portada de dobre arquivolta tórica, que se apoian en columnas, acodilladas nas xambas e rematan na cabeza de boi. 


     Na parede posterior, o ventanal é de arquivoltas tóricas semicirculares, rodeadas de fino axedrezado, sobre columnas tóricas, unha a cada lado, os capiteis do cal presentan, un volutas encadeadas, e o outro figuras de aves. 


     O tímpano ten esculpida unha figura de cabaleiro sobre montura dominada. 


     Posúe un campanario cuadrangular de dobre corpo, con balconada circundante. 


Taboada

     Santiago de Taboada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 214 habitantes (106 homes e 108 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.

Historia

     A historia da parroquia xira ó redor da ponte que comunicaba Deza con Trasdeza ou indo máis alá, Castela con Santiago, no camiño da maragatería. 



     A primeira era de táboas (Pons Tabulata), de aí o seu nome, e a segunda, de pedra, medieval, aínda segue erguida cunha inscrición nunha rocha próxima na que figura o ano da construción (912).



     Augas abaixo, atópase a ponte da antiga estrada a Compostela, levantada en 1862, que deixou se ser tan transitada na década de 1970, ao reformarse o trazado da N-525 e construírse un novo viaduto.



     Preto desa ponte, está localizada a estación de ferrocarril, á que se accede desde a outra beira do río Deza grazas a outro viaduto, dende o cal se precipitaron os últimos vagóns dun convoi e foron parar ao río, cargados con conservas e ferramentas agrícolas. Na actualidade, aínda se poden ver os restos dos vagóns no leito do Deza.



     Por Taboada pasa a Vía da Prata, que transcorre polo Camiño Real.



Patrimonio
     A igrexa de Santiago de Taboada é románica, data do século XII, ten planta e ábsida rectangular, destacando a portada. No adro hai un singular cruceiro de fuste cónico acanalado con altar. 



     Nas proximidades, cruzando a N-525, hai un área recreativa dedicada ó peregrino con dous monumentos ó Apóstolo Santiago e ó Peregrino Anónimo, deseño de Francisco Alen, obra da Escola Taller de Silleda.



     Nesta parroquia, a carón do río Deza, atópase a estación da Ponte Taboada, con parada para viaxeiros da liña de ferrocarril Santiago-Ourense. 



     Ademais destaca a Casa de Carballeda, no lugar do mesmo nome, que conta cunha capela baixo a advocación de San Roque e que foi propiedade no seu momento da familia Gil Taboada.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901