MUSEO GALEGO DA MARIONETA
PAZO DE LIÑARES
PAZO DE LIÑARES
PRADO
LALÍN
Este museo é froito dunha colaboración entre o concello de Lalín e a compañía “Viravoltatíteres” que xestiona este espazo permanente para amosar a súa ampla colección de marionetas e fomentar as artes dos títeres, unha referencia ineludible para o visitante amante do mundo dos monicreques.
Viravolta ten unha programación estable organizando cursos e obradoiros diversos.
VIRAVOLTA
En 1982 Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado forman a compañía Viravolta títeres.
Ademais da produción e distribución de espectáculos de monicreques realizan outras actividades: cursos, exposicións, programacións (Titerentroido, Titirideza e Cantos e contos do Nadal); sempre relacionadas co mundo da marioneta.
Dentro de Viravolta títeres, xurdiu outra compañía, SEISDEDOS, especializada en espectáculos de pequeno formato, adaptados a calquera espazo escénico.
No ano 1998, con motivo do 15 aniversario da primeira estrea da compañía de Viravolta títeres, realizouse unha exposición conmemorativa no Museo Municipal “Ramón María Aller” de Lalín, na que mostraron monecos, escenografías, fotografías e demais materiais das montaxes realizadas.
Esta exposición foi o punto de partida para a creación do MUSEO GALEGO DA MARIONETA, inaugurado en decembro de 2001, que conta con marionetas, atrezzo, carteis... e unha biblioteca especializada.
Viravolta participou en numerosos festivais, circuítos e feiras, destacando entre outros A Mostra Internacional de Teatro Infantil “Xeración Nos”, Festival de Teatro de Ribadavia, Festival Internacional de Títeres de Santiago, Festitíteres de Alacante, Fira Internacional de Teatro de Titelles de Lleida, Feiras Galegas de Teatro, Campañas Escolares, festivais de música como a "Semana do Corpus" de Lugo ou "Cameralia", festival de música de cámara de Santiago de Compostela, Feiras do Libro, Festas Populares, Feiras Tradicionais, Circuítos Culturais, Redes de Teatro etc...
PAZO DE LIÑARES
A casa foi construída na segunda metade do século XVII por Don Álvaro Núñez Taboada.
Posúe varios escudos coas armas dos Taboada, os Nuñez, Lemos e Churruchaos.
O edificio é de dúas naves de baixo e planta cada unha. Construído con cadeirado granítico.
Posúe ventanais de tamaño variado, e nunha das paredes un grande balcón corrido porticado con arquivoltas sobre columnas tóricas.
Posúe dúas grandes chemineas e escalinatas de acceso. No seu interior grandes salóns e unha cociña "lareira".
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web Reviravolta Titeres
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901