PAZO DE LIÑARES
PRADO
LALÍN
Pazo de Liñares
O Pazo de Liñares é unha casa señorial localizada no lugar de Liñares, na parroquia de Prado (Lalín), é estilo barroco.
É de planta rectangular de cantería cunha gran fachada principal á que abre os balcóns e fiestras. Na fachada posterior destaca unha galería de cinco arcos de medio punto e escudos no peitoril.
Nos escudos do pazo campean as armas dos Mosqueira, Churruchaos e López de Lemos xunto ás dos Taboada.
Foi fundado a finais do século XVII por Álvaro Núñez Taboada, da Casa de Bendoiro.
No pazo pasou a súa infancia o pioneiro da aviación Joaquín Loriga.
Foi adquirido polo concello de Lalín a finais do ano 2002. No ano 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Monumento por Decreto 334/2009 de 4 de xuño da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
As obras de rehabilitación comezaron o día 14 de abril de 2011, e asinouse a recepción das mesmas o 28 de febreiro de 2013.
Prado
San Martiño de Prado é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.
Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (129 mulleres e 127 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 316 habitantes.
A parroquia eclesiasticamente pertence á diocese de Lugo.
Economía
Prado, ao estar situado no centro xeográfico galego, é un punto de confluencia importante. A estrada N-525 transcorre ao longo da parroquia. Conta tamén con farmacia, carnicerías e algunhas industrias.
Historia
En Prado celebrábase unha feira mensual os días 13 de cada mes, que lle proporcionaba unha activa vida comercial. Nesta parroquia naceu o político Xosé Cuíña.
Patrimonio
Ponte Taboada.
Pazo de Liñares, onde naceu o aviador Xoaquín Loriga.
A igrexa parroquial é de corte neoclásico, posúe unha única nave con ábsida rectangular. Na fachada destaca a liña de cornixa que a divide en dúas partes, coróase co campanario de dobre arco rematado con pináculos.
Capela da Santa Lucía, unha ermida de pedra na que destaca o campanario dun único arco rematado cun Agnus Dei, baixo o cal hai un nicho. Nela celébrase unha famosa romaría.
Parque de Prado, cun monumento ao aviador Xoaquín Loriga.
Educación e cultura
En Prado está situado o Colexio Público de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Loriga. Hai ademais un pavillón deportivo que é basicamente de uso escolar do colexio.
En novembro de 2009, refundouse a antiga banda de música, A Lira de Prado (como presidente Antonio Costa) que dende entón comezou a percorrer distintos puntos da comarca do Deza, así como lugares incluso fóra de Galicia.
Festas
Último domingo de maio - Fillas de María: Primeiras Comuñóns.
11 de xullo - San Bieito.
15 e 16 de setembro - Festas Patronais na honra da Virxe das Dores.
11 de novembro - San Martiño.
Museo Galego da Marioneta
Recomendamos pararse na exposicion do Museo Galego da Marioneta que acolle permanentemente o pazo.
O Museo Galego da Marioneta, inaugurado en outubro do 2001, e albergado, dende o 13 de decembro de 2014, no Pazo de Liñares, é froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Lalín e compañía de títeres Viravolta, que aproveita este espazo permanente para mostrar a súa colección de marionetas (máis de 300 pezas) e para fomentar o gozo, estudo e recuperación da arte dos títeres.
Sede do museo.
Descrición
No ano 1998, con motivo do 15 aniversario da primeira estrea como compañía de títeres de Viravolta, realizouse unha exposición conmemorativa no Museo Municipal de Lalín, que foi o punto de partida para a creación da Casa do títere, onde o concello exerce a titularidade e as compañías Viravolta e Seisdedos son as encargadas da súa xestión.
O Museo Galego da Marioneta mantén unha programación estábel, organizando talleres de iniciación, cursos para profesionais dos títeres e da educación e mostras de teatro de marionetas como Titirientroido, Titirideza e Cantos e Contos de Nadal.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901