miércoles, 24 de agosto de 2016

EXPO FOTOGRAFÍCA - AO REDOR DE NÓS

AO REDOR DE NÓS 
19 DE XULLO AO 19 DE AGOSTO 2016  
QUIROGA
O COUREL


AO REDOR DE NÓS
Sala de exposicións da casa da Cultura Manuel María do concello de Quiroga


      A expo foi de dous grandes fotografos da comarca Barucho e Peruchela, nosos parabéns por tan bo facer.


Asi nos comentaban na chala sobre a expo:

     Internet e as redes sociais en particular fan que nos relacionemos e compartamos imaxes, ideas ou noticias dunha maneira que ata agora non era posible. 


     Esa gran exposición social de acontecementos que aí podemos contemplar é grazas a que unha gran maioría de nos ten acceso as cámaras e a tecnoloxía. 


     Tanta pluralidade de enfoques fan destes medios un campo enriquecedor tamén para os amantes do apaixonante mundo fotográfico.


     Pero, ¿ que é daquela xente que chegou tarde á era tecnolóxica e non vai dar o paso? ¿Acaso non ten o mesmo dereito a poder desfrutar das imaxes que os que usan as redes? 



     E para nós, os das cámaras dixitais, ¿non segue sendo satisfactorio velas impresas convertidas en medios tanxibles?


      Perpetuar ou documentar un intre nun flash, a beleza dun paisaxe,  dun sorriso ou o preciso momento dun acontecemento, móvenos a disparar as nosas cámaras. 



     Disparos que deixan constancia de avances, modas ou costumes, que aportan probas e que amosan situacións. “ Ao redor  de nós” hai un mundo cambiante que pide en cada estación ser inmortalizado.


     Galicia e as súas xentes, Galicia e as súas tradicións, Galicia e a súa natura, Galicia e as súas aldeas, vilas e monumentos. 



     Galicia nosa, na que vivimos , a que herdamos,  a que por causa do seu despoboamento está sendo abandonada, e por causa das malas políticas xa non produce nas súas terras.


     Barucho e Peruchela  levan varios anos espallando imaxes nas redes e nesta ocasión imprimen algunhas delas con paisaxes coloridos e variados que se adaptan para mudar píxeles por pinceladas, e para os que queren ter unha lámina para desfrute da vista nalgún lugar da súa casa, e para o máis importante quizais, a promoción do noso.



     Esta mostra de Fotografía conxunta xurde có interese de reforzalos vínculos entre nós os retratistas. 



     O noso traballo adquire outro valor en conxunto aínda que o reto en facela foto máis impresionante persista eternamente do mesmo xeito debemos permanecer relacionado entre nós, e sempre mirar “ao noso redor” pois nel está a esencia.

 MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901