domingo, 10 de abril de 2016

IGLESIA DE ASPERELO - RODEIRO

 IGLESIA DE SAN MARTIÑO
OURÍN
ASPERELO
RODEIRO


 Asperelo
      San Martiño de Asperelo é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 214 habitantes (112 homes e 102 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 287 habitantes.


Patrimonio

     A igrexa de San Martiño de Asperelo é de fasquía románica, construída no ano 1225, conserva intacta a súa estrutura románica, con dúas portadas e unha ábsida rectangular.



     Edificio de orixe románica con importantes reformas de épocas posteriores. Edificio de planta rectangular e destaca a porta da fachada con arquivoltas e tímpano, sobre mochetas, sen decoración que se apoian sobre senllos capiteis e columnas. Os muros de cadeirado granítico dispostos en fiadas horizontais e a cuberta a dúas augas con tellado de tella. 



Lugares de San Martiño de Asperelo
     Asperelo, Barrio, Caxide, Couso, Ourín, Pereira



Rodeiro
     Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2.700 habitantes.


Xeografía
     Está situado no centro de Galicia, ao nordeste da provincia de Pontevedra, nas terras altas da dorsal galega. Ten 154,2 km², e conta con 146 entidades de poboación repartidas entre 20 parroquias.



     Cara ao leste o concello está orientado á serra do Faro, con cumios de máis de 1.000 m de altitude. Cara ao oeste, está o curso alto do río Arnego e o val de Camba, cunha altitude media entre os 600 e os 700 metros.


Poboación
     2.700 (2015)



Historia
     No ano 832 Afonso II cedeu a Salvador de Oviedo o goberno de varias igrexas da zona, aínda que baixo a autoridade do bispo de Lugo, para pagar o censo eclesiástico. Nesa época xa se coñece a zona como Terra de Camba.



     A vila de Rodeiro naceu ao amparo dunha antiga fortaleza medieval, da que apenas quedan restos. A Casa - Fortaleza de Camba aparece mencionada no século XIV no testamento de Andrés Sánchez de Gres, a quen lla legara seu tío Afonso Sánchez a condición de formar vínculo con ela.


     En 1345 a fortaleza foi vendida por Alonso Suárez de Deza, "Churruchao", xunto con outras propiedades que a súa esposa, Maior Vázquez de Rodeiro, recibira do seu pai, Vasco de Rodeiro, e que foran concedidas polos reis Sancho IV de Castela e Fernando III. Logo de ser confiscada aos Churruchaos, pasou a ser o baluarte máis importante da mitra compostelá na bisbarra.


Parroquias de Rodeiro
   Álceme (Santa María), Arnego (Santiago), Camba (San Xoán), Carboentes (Santo Estevo), Fafián (Santiago) , Guillar (Santa María), Negrelos (San Cibrao), Pedroso (San Xiao), A Portela (San Cristovo), Río (Santa María) , Riobó (San Miguel), Rodeiro (San Vicente), O Salto (Santo Estevo), San Cristovo do Az (San Cristovo), San Martiño de Asperelo (San Martiño), San Paio de Senra (San Paio), San Salvador de Camba (San Salvador), Santa Baia de Camba (Santa Baia), Santa Mariña de Pescoso (Santa Mariña), Vilela (Santa María)



Comarca do Deza
     A comarca do Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. 



     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 


     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

1 comentario:

  1. Alonso Suárez de Deça "Churruchao", es decapitado / acuchillado según varios historiadores en el año de 1317 por Berenguel de Landoira, en el Castelo da Rocha Forte.
    No puede ser el mismo, mencionado en 1345.
    Saludos.

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901