EIRA DO PENEDO
SOAJO
ARCOS DE VALDEVEZ
Soajo é unha vila e freguesía portuguesa do concello de Arcos de Valdevez, cunha superficie de 59,1km² e con 986 habitantes.
A densidade de poboación é de 16,7 hab/km².
Foi vila e sede de concello entre 1514 e mediados do século XIX.
Estaba constituído polas freguesías de Ermelo, Gavieira e Soajo. En 1801 tiña 2 054 habitantes e en 1849 tinha 3 159.
Foi relegada á categoría de vila o 12 de xuño de 2009.
Patrimonio
Conxunto dos espigueiros de Soajo.
Pelourinho de Soajo
Antas da Serra de Soajo
Conxunto dos espigueiros de Soajo
Lagoas
Unha lagoa no río Adrão, Soajo.
Ao longo do río Adrão entre outros, fórmanse varias lagoas pequenas que son usadas como área de baño.
Arcos de Valdevez
Arcos de Valdevez é un concello do distrito de Viana do Castelo, Portugal limítrofe con Galicia, e englobado na rexión Norte e na subrexión Minho-Lima.
Ten 445.89 km² de área e 24.761 habitantes (2001). Divídese en 51 freguesías. A capital é a vila de Arcos de Valdevez que ten 2.200 habitantes.
24.635
Freguesías
As freguesías son o equivalente ás parroquias en Galicia.
Son as seguintes:
Aboim das Choças, Aguiã, Alvora, Ázere, Cabana Maior, Cabreiro, Carralcova, Cendufe, Couto, Eiras, Ermelo, Extremo, Gavieira, Giela, Gondoriz, Grade, Guilhadeses, Loureda, Madalena de Jolda, Mei, Miranda, Monte Redondo, Oliveira, Paçô, Padroso, Parada, Portela, Prozelo, Rio Cabrão, Rio de Moinhos, Rio Frio, Sá, Sabadim, Salvador, Salvador de Padreiro, Santa Cristina de Padreiro, Santa Maria de Távora, Santar, São Cosme e São Damião, São Jorge, São Paio, São Paio de Jolda, São Vicente de Távora, Senharei, Sistelo, Soajo, Souto, Tabaçô, Vale, Vila Fonche, Vilela
Monumentos
Igrexa da Lapa: É de estilo barroco típico Rococó.
O proxecto da igrexa da Nossa Senhora da Lapa, é atribuído a André Soares e e foi concluido en 1767.
Parque Nacional de Peneda-Gerês
O Parque Nacional de Peneda-Gerês atópase no norte de Portugal, xunto a fronteira con Galicia.
Datos de interese
O Parque Nacional creouse no 1971, protexendo 714 000 hectáreas. A súa altitude son os 1545 metros. A súa importancia radica nas súas forestas caducifolias ben conservadas.
Ademais é limítrofe co Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés elevando así a importancia ecolóxica da zona.
Flora e Fauna
Os predominantes son as carballeiras, con algún propio do mediterráneo coma o érbedo. A fauna é moi variada.
Entre os mamíferos salientar o lobo, o corzo ou o xabarín. As aves de presa tamén son moi importantes, contando coa presenza da aguia real, a aguia calzada, o miñato común, o miñato real, o azor ou o bufo real.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901