martes, 12 de abril de 2016

FERVENZA DE PACIOS - RIO CABE - COUREL

 FERVENZA DE PACIOS
PACIOS DA VEIGA
A POBRA DO BROLLÓN
LUGO
RÍO CABE


 Pacios de Veiga
     Pacios de Veiga é unha aldea pertencente á parroquia da Ferreirúa, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo. Contaba en 2008 con 78 habitantes (34 homes e 44 mulleres), repartidos en tres lugares: O Corral, O Lugar e Pigüeiro.


     Pacios de Veiga está atravesada polo río Cabe e aínda se conservan numerosos muíños antigos de moer cereais.


Historia
     Do seu pasado importante quedan vestixios na Casa Prior. O Mosteiro da Madalena de Sarria, tivo nesta aldea unha granxa e un convento da orde dos Coengos Regulares de San Agustín, frades que se dedicaban a producir viño.



     Segundo aparece nun dicionario de 1850, a aldea pertencía á parroquia de Santalla de Rei, así como as súas dúas serras: a de Pacios e a de Portocabe.
Patrimonio artístico



    Igrexa de Santa Eufemia de Pacios de Veiga, do ano 1710, situada no lugar de Pigüeiro. Posúe unha escultura de pedra de Santa Eufemia, de 80 quilos de peso.


    Muíños de Seara, Ramiro e Vila, todos eles no río Cabe.



Festividades
    Festas de San Froilán, na honra a San Froilán, celébranse o primeiro domingo de outubro.



Lugares da Ferreirúa
     A Barxa, O Corral, A Ferreirúa de Abaixo, Marcón, Pacios de Veiga, O Pumar, Valdolide



     O río Cabe é un río galego que discorre pola provincia de Lugo. É un dos principais afluentes do río Sil pola súa marxe dereita. Está considerado lugar de importancia comunitaria.



Río Cabe
      O río Cabe era chamado Chalibe na época dos romanos. Os romanos extraían ouro do río.


Descrición
     Nace na parroquia de Foilebar, no concello do Incio, a uns 900 m. de altitude en plena Serra do Courel.
Percorrido e afluentes



     A conca do Cabe ten unha extensión de 737 Km² e ocupa os concellos da Pobra do Brollón, Bóveda, Monforte de Lemos, O Saviñao, Sober e Pantón, na Terra de Lemos e Paradela e O Incio na de Sarria. Á súa vez, a conca do Cabe está incluída na conca Miño-Sil.



A Pobra do Brollón
      A Pobra do Brollón é un concello da provincia de Lugo en Galicia. Situado no sur da provincia, pertence á comarca da Terra de Lemos e forma parte da Ribeira Sacra. 


     Ten unha poboación de 1.794 habitantes segundo o censo de 2015. Limita co concello do Incio polo norte; cos de Quiroga e Ribas de Sil polo sur; cos de Samos, Quiroga e Folgoso do Courel polo leste; e cos concellos de Monforte de Lemos e Bóveda


Parroquias da Pobra do Brollón
     Abrence (San Xoán), Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel), Castroncelos (Santiago), Castrosante (Santa Mariña), Cereixa (San Pedro), Eixón (San Xurxo), Ferreiros (San Salvador), A Ferreirúa (San Martiño), Fornelas (Santa Comba), Lamaigrexa (San Pedro), Liñares (San Cosme), Óutara (Santa María), Parada dos Montes (Santa Einés), Pinel (Santa María), Piño (Santa María), A Pobra do Brollón (San Pedro), Saa (Santa María), Salcedo (San Xoán), Santalla de Rei (Santalla), Veiga (San Xián), Vilachá (San Mamede)


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901