sábado, 16 de abril de 2016

FERVENZA DE SEOANE - OS FONTANS - XEVE

 FERVENZA DE SEOANE
RÍO FONTANS
OS FONTANS
SANTA MARÍA DE XEVE


     Santa María de Xeve é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. 


     Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 867 habitantes (403 homes e 464 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 972 habitantes. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve.


Lugares de Santa María de Xeve
     O Couso, Os Fontans, Frieiro; Gatomorto e A Iglesia.



Xeografía
     A parroquia limita con Santo André de Xeve, Verducido, Mourente e Lérez, e polo seu territorio pasa o río Lérez.



Patrimonio
     En Gatomorto está o Penedo de Argoenca, petróglifo declarado Ben de Interese Cultural.



     A Casa Gondar, unha construción do século XVIII que aínda conserva unha dependencia anexa outrora empregada como cárcere, e tamén a igrexa parroquial cun campanario de estilo barroco e de frontal neoclásico.




Festas
     Celébranse o Corpus Christi e santo Antón de Padua (o domingo seguinte ao 13 de xuño), a Nosa Señora do Carme (o domingo seguinte ao 16 de xuño) e a Inmaculada Concepción o día 8 de decembro.


 

Xeve     Xeve foi un antigo concello da comarca de Pontevedra formado polas parroquias de Santo André de Xeve, Santa María de Xeve e Verducido, integradas as tres no concello de Pontevedra desde 1944. 


     Queda como testemuña o edificio que daquela acollía as dependencias administrativas.


     En 1847, data da primeira acta conservada, o alcalde era Alberto Gómez. 


     O 20 de abril de 1931, trala chegada da II República Española, foi nomeado alcalde Lino Tilve Corbacho. 


     O último mandatario foi Benito Rivas Hermida.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Xeve Eu
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901