martes, 19 de abril de 2016

EIRA DE MADARNÁS - CARTELLE

 EIRA DE MADARNÁS
MADARNÁS
CARTELLE
OURENSE


Cartelle
      Cartelle é un concello da provincia de Ourense, pertencente á Comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2.944 habitantes (3.641 en 2003).


Demografía
     Censo Total     2.944 (2014)



Xeografía
     O concello, de 93,94 km², abrangue 12 parroquias. Está situado na cunca do río Arnoia, afluente do Miño. Está comunicado con Ourense e Celanova a través da estrada N-540. A capital está na aldea de Outomuro.
Historia



     Durante o feudalismo e o antigo réxime estivo baixo influencia do mosteiro de Celanova. O castelo de Sande foi doado no século XII ao mosteiro por Afonso VII, e o abade do mosteiro acumulou os títulos de conde de Bande, marqués da Torre de Sande e capelán da Casa Real. Os monxes estimularon o cultivo do viñedo.


Patrimonio
     A torre de Sande é unha fortaleza medieval próxima xa ás terras do Ribeiro, declarada Ben de Interese Cultural. Próxima a ela está a Casa de Outeiro, do século XVIII.


     A igrexa de Santa Baia de Anfeoz é barroca, cun grande campanario. No seu muro hai un peto de ánimas do mesmo estilo, así como os templos de Cartelle, As Marabillas, Espiñoso e Mundil, onde foi soterrado o Padre Feijóo.


     A ponte romana de Freixo (Penela) está declarada monumento histórico-artístico, e puido ser un dos ramais secundarios da Vía Nova do itinerario de Antonino. A Ponte Nova sobre o Arnoia é dos séculos XVI e XVII.


Economía
     O concello viviu un forte retroceso demográfico na segunda metade do século XX. Actualmente a sangría aminorou, e moita xente vai a diario a traballar a Ourense no sector servizos.



     Cartelle é un dos concellos da comarca con maior superficie de concentración parcelaria, o que permitiu a creación de explotacións gandeiras de maior tamaño e máis evolucionadas. Existen varias empresas da construción e aproveitamento de recursos forestais. Hai moito terreo de monte comunal.


 Parroquias de Cartelle    
     Anfeoz (Santa Baia), Cartelle (Santa María), Couxil (Santa María), Espiñoso (San Miguel), As Marabillas (Nosa Sra. das Marabillas), O Mundil (Santa María), Penela (Santiago), Sabucedo de Montes (San Pedro), San Tomé (Santa María), Sande (San Salvador), As Seixadas (San Xoán), Vilar de Vacas (Santa María)



Comarca da Terra de Celanova
   Comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. 


     A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901