lunes, 23 de noviembre de 2015

FERVENZA DO RACHÓN - REDONDELA

 FERVENZA DO RACHÓN
REBOREDA
RÍO ALVEDOSA
REDONDELA


Reboreda
     Santa María de Reboreda é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. 


     Segundo o INE en 2010 tiña 2.231 habitantes (1.149 mulleres e 1.082 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.247 habitantes.


Patrimonio
     A igrexa parroquial de Santa María de Reboreda é do século XVIII. Nun principio constituía unha capela anexa do Pazo de Reboreda ao que aínda está unida mediante pasadizo elevado, de estilo barroco. 



     No exterior presenta unha porta adintelada, hornacina e torre de espadana. Tamén ten un escudo coas armas dos Prego de Montaos, Soutomaior, Troncoso e Lira e os vascos Mondragón como benfeitores desta construción.


     No lugar de Asnelle de Abaixo está o Pazo do Pousadouro.


Río Alvedosa
     O Alvedosa  que nace no concello de Pazos de Borbén e desemboca no concello de Redondela, en Pontevedra. 



     Atravesa ademais no seu traxecto as parroquias de Reboreda e San Mariño de Ventosela.


     O concello de Redondela (con titularidade de Vila) está emprazado no suroeste de Galicia, na marxe sur da Ría de Vigo, xusto diante da enseada de San Simón, onde se atopa o arquipélago homónimo e desemboca o río Alvedosa, ao que se xunta o Maceiras no centro da vila e o Pexegueiro case na súa desembocadura.



     A súa superficie é de 52,1 km², e limita polo norte con Soutomaior, polo leste con Pazos de Borbén, polo sur con Mos e con Vigo e polo oeste coa ría de Vigo, estando dividido en 47 entidades ou núcleos de poboación agrupados en trece parroquias, dúas delas conformando o centro administrativo. 



     A parroquia de Chapela é, xunto coas anteriormente mencionadas, a única de carácter urbano. 


     O resto das parroquias son marcadamente rurais, aínda que o medre do centro urbano está a converter estas parroquias en mixtas ou rururbanas. 


Estas parroquias son:
     Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Cabeiro, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901