FERVENZA DE INFERNIÑO
REGATO DOS FUNGOS
NOVEFONTES
TOURO
A fervenza do Inferniño ubícase na parroquia de Novefontes, no concello de Touro. Esta fervenza localízase no Regato dos Fungos, afluente do Ulla que salva un forte desnivel.
A fervenza do Inferniño é unha das paradas clave dentro da Ruta Turística PR-Gr 93, Ponte Basebe – Pozo do Pego.
Como chegar
Pódese acceder desde a ruta de sendeirismo PR-Gr 93 'Ponte Basebe – Pozo do Pego'. Tamén se pode chegar co coche por unha pista que baixa por diante da igrexa de Novefontes ata chegar á conexión coa ruta de sendeirismo, onde está indicada cun cartel.
Santiago de Novefontes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Touro. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 131 habitantes (63 homes e 68 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 189 habitantes.
Lugares de Novefontes
Basebe, O Campo, A Capela, Corvite, Dozariñas, Penelas, Sestelo, Xondo
Touro
Touro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa.
Segundo o IGE en 2014 tiña 3.853 habitantes.
O seu xentilicio é tourense.
Xeografía
Ten unha superficie de 114,9 km² (214.995 ferrados). A capital municipal está en Fonte Díaz, parroquia de Touro, aínda que no século pasado estivo en Soutullo, na parroquia de Fao.
Orografía
O Concello de Touro presenta un perfil semellante ó resto das terras do Ulla; un relevo suave que se acentúa cara ó sur ata chegar ó val do Ulla. As maiores altitudes corresponden cos montes de Pena Cabreira, Xunqueira e o Coto de San Sebastián (parroquia de Loxo), rondando todos eles os 400 metros.
Hidrografía
En canto á rede hidrográfica, á parte do mentado Ulla, atopamos os ríos Brandelos e Lañas, cos seus respectivos afluentes: Quintáns, Prevediños, Pucheiras, Rozas, Abelenda e Beseño.
Historia
Hai restos antigos de presenza humana, aínda que moitos están sen catalogar. Na parroquia de Foxás hai varios topónimos que denotan a existencia de poboados castrexos. Da época da romanización de Galicia quedou un camiño real con dirección a Lugo.
As terras do concello aparecen nomeadas no Códice Calixtino, promovido polo arcebispo Diego Xelmírez no século XII. As dezanove parroquias actuais estaban repartidas en cinco xurisdicións: Bendaña, Bendaña do Marqués, Budiño, Cira e Xiro da Rocha.
Trala división territorial de España en 1833 foron creados os concellos de Touro e de San Miguel de Vilar (na actualidade integrado no primeiro), pertencentes ó partido xudicial de Sar. O municipio de Touro homenaxeou á raíña Isabel II, que reinaba nese momento, incluíndo no seu escudo un i grego e un dous en números romanos.
No século XX o concello mantiña unha economía de autoconsumo, ligada ao sector primario, e un atraso tecnolóxico. Isto motivou unha grande emigración.
Patrimonio
No inventario Histórico-Artístico do concello figura a igrexa parroquial de Quión, ao igual que a igrexa de Loxo, que pertencía antes aos dominicos de Santiago. Outras igrexas destacadas son a de Fao, co seu campanario inclinado; e a de Foxás, que tiña unha campá facendo soar as horas.
No inventario Histórico-Artístico do concello figura a igrexa parroquial de Quión, ao igual que a igrexa de Loxo, que pertencía antes aos dominicos de Santiago. Outras igrexas destacadas son a de Fao, co seu campanario inclinado; e a de Foxás, que tiña unha campá facendo soar as horas.
O concello está cheo de muíños. Moitos deles abandonados, e outros foron restaurados, como o muíño de Rozas, en Quión.
Na parroquia de Vilar atópase un pequeno cruceiro que pode ser bastante antigo polas figuras que aparecen na súa base.
No monte de Caroceiros, en Novefontes existen restos dun antigo templo ou monumento,ao que segundo a tradición popular asistía a veciñanza da outra bando do río Ulla para facer enterramentos.
En escrituras do século XII fálase dun mosteiro chamado Argentario que parece ser que estaba na que é hoxe a aldea de Arenteiro, Loxo.
Patrimonio cultural
Touro está atravesado polo Camiño de Santiago. Son algúns os peregrinos que collen a estrada comarcal AC240, que atravesa as parroquias de Beseño, Quión, Touro, Loxo, Bama, Prevediños e Vilar.
Etnografía
En Baiobre, un dos lugares máis elevados do concello, na parroquia de Beseño, celébrase unha romaría nunha carballeira xunto á capela de Santa Sabela. Segundo a tradición, as mulleres preñadas deben coller unha tella da capela que se garda baixo os carballos.
En Brandelos, Prevediños hai unha fonte con augas medicinais, onde xente ía tomar baños. Alí fíxose unha capela, arruinada e agora restaurada por un particular, e tamén alí se facía unha festa nunha carballeira, onde tamén había feiras. Agora a romaría faise nunha capela, que en tempos pasados puido pertencer ao Conde de Altamira, en Noaio, na mesma parroquia.
Festas e celebracións
Hai unha feira cada día 5 de todos os meses en Fonte Díaz, con especial mención a de agosto, dedicada aos emigrantes.
Festa da Terceira Idade
Día do Neno
Tamén se celebra o Entroido, de especial mención o de Fao, como magostos e sardiñadas nas súas datas.
Festas parroquiais:
O San Xoán do 24 ao 26 de xuño en Touro
Festas de Santa Eulalia e San Marcos en Bama o 24 de abril
San Breixo en Foxás o 1 de outubro
Santa Mariña en Circes o 18 de xullo
Festa do Coto de San Sebastián en Loxo
San Ramón en Santiso, Cornado, o último venres e sábado de agosto.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: www.areasantiago
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901