A CAMPA DE FIEIRÓ
LENDA
DEGRADA
ANCARES
-Pero se iso é do noso pobo!
A rapaciña ía dicindo:
-... na primeira uceira, na que dea o sol a mañá do día do San Xoán, hai debaixo unha arca chea de ouro.
O home xa non foi para as segas. Díxolles aos outros:
-Eu non me encontro ben, vou para a casa.
Deu a volta e veu para a casa, pensando na riqueza que lle estaba esperando.
A véspera do San Xoán chamou a un veciño e díxolle:
-Aí, ho, tes que vir comigo ata as brañas que teño que ir buscar unhas reses que me faltan. Non viñeron e para ir só teño algo de medo, porque xa sabes que hai moitos lobos e por aí arriba éche o corredor deles.
E foron e pasaron a noite por aí arriba por se vían algo. El xa sabía que non ía atopar nada porque tiña todo o gando na casa pero ao amigo non lle constaba tal cousa. Cando foi día mandou ao amigo para a casa e díxolle:
-Vaite para a casa que agora xa me amaño eu só. Xa mirarei por aí, quen sabe para onde marcharon!
Así que quedou só, foi ao Fieiró de Arriba e cando saíu o sol fixouse na uceira onde daba primeiro o sol e despois marchou para a casa. Para o día seguinte levou un pico e empezou a descubrir a uceira, quitouna e debaixo había unha tapa que cubría a arca que estaba chea de ouro. En veces foi baixando o tesouro para a súa casa e botouno nun baúl deses antigos que tiña por pechadura un atume cun viorto de aceiro. Este home tiña un sobriño que era rapaz novo e que cando lle parecía íalle sacando do baúl o que lle facía falta. Ata que ao pasar unha temporadiña o tío foi mirar e notou coma se andaran os ratos, e dixo:
-Aquí andou o sobrín. Debeu ser o sobrín!
Porque os outros que vivían na casa eran todos irmáns e eran do seu tempo.
-Levou algo, teño que ter coidado -pensou, e díxolle aos outros irmáns- Parece que me anda o sobrín no neal porque encontrei alí algo en falta!
-E canto che levou logo?
-E eu que sei que levou!
-Pois se non o sabes tampouco tes que ter pena! Cando non o sabes é que moito non afandaría!
Outro día ía á leña de cocer... Un veciño estivera arando no barbeito que hai arriba da estrada da Campa da Braña e encontrara un penedo amarelo, redondo, da forma dun calabazón e tirouna para unha finca que estaba máis para abaixo e que era de outro. Este cando o viu tirouno para máis abaixo. Ao pasar por alí o dono do tesouro e ver aquel penedo amarelo deulle coa cota da fouce e escachouno. Todo cheo de moedas! Colleunas e meteunas coas outras. De alí a unha tempada grande, queima a casa e ardeulle todo. Despois déranlle algo pola borra, pero pouco foi, se cadra aínda ía algunha moeda coa cinza... Sorte con desfortuna! Alegría con tristura!
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Galicia Encantada
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901