jueves, 28 de mayo de 2015

O LOBISHOME DE DOIRAS

O LOBISHOME DE DOIRAS
LENDA
O CEBREIRO


     Cóntase que un pai non deixou ao fillo ir a unha festa que se celebraba en Pedrafita do Cebreiro, mais o rapaz, despois de moito discutir, conseguiu o seu desexo. 

     O pai, encabuxado, deitoulle unha maldición, dicíndolle que se tanto gostaba das mozas así andase tras das lobas. E a maldición cumpriuse. Unha noite o mozo sentiu como unha forza sobrenatural o apurraba fóra da casa, cara o monte. 

     Cando se decatou andaba a catro patas: convertérase en lobo que axiña encomezou a matar o gando. O pai, lembrándose da maldición, recorreu a unha meiga para que volvera ao fillo ao seu estado anterior. A meiga díxolle que o único xeito é que o ferise, mais cunha ferida leve xa que, se era grave, morrería. 

     E así fixo o pai que, cando se lle presentou a ocasión, cortou cun coitelo a pel do lobo. Pouco a pouco, o mozo volver a transformase en home.

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901