martes, 5 de mayo de 2015

CASTRO DAS CROAS - SALCEDO

CASTRO DAS CROAS
SAN MARTIÑO DE SALCEDO
BIRRETE


Tipo de ben: 
     Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro.
Concello: 

     Pontevedra   
Parroquia: 

     San Martiño de Salcedo
Lugar: 

     Birrete
Outra denominación do ben: 

     Monte das Croas / Os Padróns
Cronoloxía: 

     Idade do Ferro.


Descrición:
      O castro máis interesante e mellor conservado de cantos se localizan no concello de Pontevedra. 



     Trátase dun recinto circular afectado pola súa beira oeste pola construción da estrada PO-0012. Pola beira norte está limitado pr unha forte pedente que remata no río Batán. 


     Pola beira sur hai unha rampa de acceso supoñemos que máis contemporánea e a carón dela un cruceiro sen cruz. Pola beira este e noroeste inda se pode ver o desnivel defensivo que remata nun foso duns 2m acotado por baixo muro.


     

     O recinto interior está divido en dous espazos a diferentes niveis pero cunha pequena diferencia de altura.


     

    Pola forma circular das croas vexe que foi un asentamento moi antigo. Segundo a conclusión dos arqueólogos que fixeron catas no lugar estariamos ante o único castro prerromano de Pontevedra.


     No interior da croa podemos albiscar parte das murallas da croa nas catas realizadas e parte do bastidor dunha vivenda aflorando a ras de chan. 



     No centro da croa, no nivel superior atopamos unha laxe de forma redondeada cunha cruz labrada, dúas coviñas e dúas grafias non indentificables.


     Actualmente estanse a realizar labores de acondicionamento e limpeza por parte da Comunidade de Montes de Salcedo.



Propiedade: 

     Descoñecida
Uso actual: 

     Forestal
Código no Catálogo da Xunta: 

     GA36038049
Categoría do Ben: 

     Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)

MAPA
Fuente: Patrimoniogalego
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901