A FONTE SANTA DE BELMIL
BELMIL
SANTISO
A Fonte Santa de Belmil, concello de Santiso (A Coruña) atópase na beira dereita (ou norte) do río Ulla, preto da ponte de Belmil. A Fonte agroma polo fondo dunha grande pena. Trátase dunha fonte de augas sulfurosas, das que cheiran a ovos podres. Esas augas bebíanse en xaxún durante nove días do mes de setembro. Son consideradas medicinais para moitos males, para a asma e especialmente para o aparato dixestivo. Testemuñas orais de veciños da parroquia fan fincapé nesas virtudes terapéuticas e curativas:
“Se vades á Fonte Santa atoparédela abaixo da aldea de Pumares, á beira do río, onde hai unha pena grande onde se poñían as cruces nos buratos e fendas. E tamén na casa de Sánchez había un peto de ánimas, onde os devotos deixaban a esmola para a Virxe dos Alimentos (imaxe que se venera na igrexa de Belmil), cando volvían da fonte coa auga"
"A fonte ten auga azafrada, e a ela viña moita xente da comarca, e aínda a levaban para as leiras e bichos das hortas. E poñíanlle (á fonte) cruces e flores, e se algún botaba pecados secaba, e cando deixaba de botalos a auga volvía. E facía milagres e curábase a xente"
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Galicia Encantada
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901