AS AMEIGADAS
LENDA
TERRA DE MONTES
Unha das memorias ou lendas que aínda permanecen no acervo folclórico da comarca é a da maldición do sangue, fermosa coma poucas, e que relata o establecemento das primeiras poboacións en Montes. Narra que, establecidos os poboadores dos castros nas Rías Baixas, comenzaron tamén a colonizar terras cara ó interior.
Daquela estábanse a orixinar enfrontamentos entre os habitantes dos distintos castros, nos que se producían roubos de gando e raptos de mulleres. Nun determinado momento comenzaron a existir problemas debido a que algunhas mulleres, despois de ter o primeiro fillo sen atrancos, presentaban anomalías no segundo parto, morrendo o fillo ou nacendo con notables taras físicas.
Naquel tempo en que a superstición estaba por riba de posibles coñecementos médicos, os poboadores dos castros non atoparon mellor solución para evitar esta praga que o desterro das mulleres “ameigadas” e maila súa prole, aproveitando a ocasión para expulsar tamén da comunidade ós homes máis conflictivos. E precisamente o destino deste grupo de proscritos foi a terra dos montes, onde, coidaban os “ortodoxos”, a esgrevia natureza acabaría con eles.
Pero velaí que a terra, máis comprensiva que os homes, non só non acabou con eles, senon que lles proporcionou a abondosa pesca dos seus ríos e a caza dos seus montes, converténdoos nunha próspera comunidade que máis tarde descubriría tamén o agochado tesouro das minas de metal que abundan na terra dos montes.
Así, o que nacera como un castigo, como unha maldición, rematou por se converter nunha vida non ausente de traballos, pero tamén venturosa e fértil, superando tódalas contrariedades iniciais. Sendo conscientes da tara que os obrigara a abandonar as súas primeiras moradas e para evitar problemas coa descendencia, estas novas comunidades montesas prohibiron, nunha especie de “endogamia terapéutica”, os emparellamentos con habitantes doutros lugares, e sempre que non se respectou esa prohibición – segundo a lenda – o segundo fillo non chegaba a nacer ou facíao con defectos, manifestándose dese xeito a vixencia daquela “maldición”.
Aquí finalizaría a lenda, pero enlazaría coa realidade dunha maneira curiosa. Parece ser que aínda na actual Terra de Montes hai prevalencia, sobre outras zonas, de habitantes con sangue RH negativo, e a ciencia actual dinos que unha muller con sangue RH negativo casada cun varón de RH positivo, pode ter sen dificultades o seu primeiro fillo, pero se este ten o mesmo factor sanguíneo que o pai, xeraría anticorpos no sangue materno que posteriormente impedirían o desenvolvemento normal dun segundo fillo con RH positivo.
Os poboadores dos castros non o sabían, loxicamente, e o que para eles naceu como unha maldición, coverteuse nun xeito de vivir especial e moi vencellado á natureza. Poucas veces casa a lenda coa probabilidade científica tan ben coma neste caso.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Forcarei
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901