viernes, 1 de mayo de 2015

MUIÑO ALTO - SALCEDO

 MUIÑO ALTO
MUIÑOS DO BATÁN
CAMPO DA PORTA
REGO CUBEIRO
SALCEDO


      San Martiño de Salcedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Pontevedra. 


     Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 2.123 habitantes (1.027 homes e 1.096 mulleres), o que supón unha diminución respecto a 2004, cando tiña 2.241 habitantes (1.161 mulleres e 1.08 homes), distribuídos en 28 entidades de poboación.



     Antigamente formou un concello independente xunto coa parroquia de Lourizán. 




     As festas máis importantes que se celebran nesta parroquia son o San Martiño, patrón da mesma, o 11 de novembro e Santa Rita, o 22 de maio.



     En Salcedo hai restos de antigos castros, así como rochas en distintos barrios (Cabanas, A Esculca) que conteñen petróglifos. 



     Foron atopados diversos miliarios de orixe romana.




     O pazo do arcebispo Malvar, chamado Pazo da Carballeira de Gandarón, acolle na actualidade a sede da Misión Biolóxica de Galiza, dedicada á investigación científica e especializada no millo. 



     Así mesmo, son merecentes de visitar a igrexa parroquial e a capela de san Breixo. 




     A orixe desta última non está ben definida, aínda que é o gótico o estilo que predomina na parte máis antiga. O resto é do século XVIII.


MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901