miércoles, 27 de mayo de 2015

O LOBISHOME DE VILARELLO

 O LOBISHOME DE VILARELLO 
LENDA
ANCARES


     Antigamente había o costume de meter criados nas casas para axudar nos labores e un señor de Vilarello de Donís ordenou de meter un criado; andou buscando e atopou un que lle valía para o que el quería. O que logo había ser un criado díxolle ao señor que si, que el ía traballar á súa casa pero que lle tiña que deixar a noite libre. Acordárono os dous así. Polo mesmo o criado traballaba todo o día e á noite collía e marchaba da casa.


     O amo preguntábase:
     -Pero, que vai facer este pola noite? Onde vai?
     Unha noite deulle por seguilo e observou como o seu criado chegou a unha poza e envorcallouse todo e logo volveuse lobo e deu en oular. Nisto xuntáronse e os dous quedaron mirándose. O señor marchou e non dixo nada. Á noite seguinte díxolle ao seu criado:
     -Xa sei ao que vas! Que é o que che pasa para andares desta maneira?
     -Non che se ocorra volver que se non comémoste, e o primeiro en facelo son eu! -díxolle o criado.
     -Pero, non hai forma de saír desa situación? Non vas estar así toda a vida!
     -Eu estou encantado.
     -E non hai forma de desencantar?
     -Hai, pero non teño valor para iso.
     -Di a ver!
     -Mira cando me envorcallo e..., pero non o vas facer..., e me enlouce no po, levas unha fouce e pégasme unha fouzada todo canto podas no lombo e tiras por el e fasme unha... é do único xeito que poderás... Pero non vas ter valor!



     E para a noite seguinte volveu o señor xunto do criado, parece que o home non era temido e foi e fíxollo. O criado unha vez recuperado non volveu marchar máis. Desfíxose o encantamento.  


MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901