VILANFESTA
COVA
CARBALLEDO
LUGO
San Xoán da Cova é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes.
A igrexa de San Xoán da Cova, románica do século XII, foi declarada en 1850 monumento histórico artístico. A igrexa formou parte dun mosteiro de monxas bieitas de incerta fundación, que chegou a depender de Chouzán. Pola construción do encoro tivo que ser trasladada pedra a pedra ata o seu actual emprazamento.
Ten planta rectangular de nave única con ábsida semicircular, cubríndose respectivamente con madeira e bóvedas de canón e forno. A porta principal está formada por un arco apuntado de tres arquivoltas, sobre tres pares de columnas, no tímpano pódese ler en latín: "Na honra de N.S.X.C. dá B sempre V. María o soldado Pedro García mandou facer de seu esta igrexa".
A porta lateral norte pertence a unha capela que non se trasladou e presenta dobre arquivolta apuntada que se apoia sobre columnas acobadadas. Neste muro está o sepulcro da Abadesa. No interior destaca o arco triunfal moldurado en bocel de media cana con botóns na rosca.
Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2009 tiña 2.752 habitantes (2.929 no 2006, 3.010 no 2005, 3.055 no 2004, 3.061 no 2003).
O concello ten 139,6 km², repartidos en 23 parroquias. Está situado ao suroeste da provincia de Lugo, na comarca de Chantada. Limita ao norte con Chantada, ao sur con Vilamarín e A Peroxa, ao leste con Pantón e ao oeste con San Cristovo de Cea e Rodeiro.
É un terreo de media montaña, entre a serra do Faro e o río Miño, no encoro dos Peares. Tamén está regado polo río Bubal. Está atravesado coa estrada N-540 que comunica Lugo e Ourense, que atravesa o termo de Norte a Sur (pasando pola súa capitalidade, La Barrela).
O clima é oceánico, con matices continentais canto máis ao sur, con temperaturas moderadas e choivas abundantes. O seu ecosistema viuse afectado pola construción do encoro de Belesar.
Da época do megalitismo consérvanse as mámoas de Vilar de Monte. Hai restos da época da cultura castrexa, como os castros de Morgade, Buciños, Papelle e Touza.
Nunha pequena igrexa da parroquia de Temes achouse un sartego do século IV, encargado por un terratenente galaico-romano a un obradoiro de Roma. Da época do románico son as igrexas monacais de Santo Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova.
Trala fin do antigo réxime, en 1840 creouse o concello de Carballedo, sendo importante a influencia de José Antonio Ribadeneira, da Casa Grande de Loureiro, bispo de Valladolid e auditor da Sagrada Rota Romana. Suprimiuse o concello de Asma, que comprendía a conca do río Asma até a confluencia coa do río Comezo, integrándose as parroquias da marxe dereita agás as de Santa Cruz e Santa Uxía de Asma, do concello de Chantada.
Nun primeiro momento a capital situouse no lugar de Carballedo, sendo trasladada sucesivamente a San Mamede de Lousada, Penaboa, Buciños, Chouzan, Castro e A Barrela, onde se mantén actualmente.
A Comarca de Chantada é unha comarca galega situada na provincia de Lugo e a súa capital é Chantada. Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901