miércoles, 10 de diciembre de 2014

FESTIVAL BENEFICO "TRAZANTES"

FESTIVAL BENEFICO "TRAZANTES"
TENORIO
COTOBADE


     Cotobade acogió la celebración del "II Festival Solidario Trazantes" en el que se recogieron alimentos no parecederos y donde los asistentes pagaron dos euros por un el espectáculo musical. 


     Actuaron la Banda de Música Unión de Tenorio; As Estreliñas, de Ponte Caldelas; Gaiofonía, de Marín; Airiños da Fracha, de Ponte Caldelas; As Maianas: pandereteiras da Maia, de Ames; Quodlibed, de Pontevedra; Ángel Montero y Fran Castellanos acompañados por el guitarrista Gabriel Cedeño de la Orquesta Televisión y hubo un karaoke. 


Finalmente tuvo lugar una queimada. También se celebró una comida solidaria en el mismo recinto y en el que los participantes pagaron 18 euros. 


     También tuvo lugar un Zumba solidario y un festival a cargo de Os Trazantes, Fiada de Viladesuco; A Landra, Condexido y El Torreón.



OS TRAZANTES DE TENORIO 

     En Tenorio, no val do Lérez, zona de Cotobade, “trazantes” son as persoas con habilidade e inxenio para acometer os máis variados traballos.


     O grupo de Os Trazantes de Tenorio naceu na primavera de 1984 para animar as festas e romarías, para fomentar o interese pola nosa música e dar vida, de novo, a antigos bailes e cantigas.



     Teñen participado en diversas xuntanzas e concursos: Pontevedra, Cedeira, Santiago, Padrón, Vigo… E actuaron con éxito na TVG en diversos programas, o cal viuse reflectido nunha nominación no apartado de mellor grupo tradicional aos Premios da Asociación da Prensa Galega na súa primeira edición, correspondente a temporada 97/98. Os seus éxitos televisivos continuáronse no premio que a parella do grupo, formada por Susana e Anxo, conseguiu no concurso de parellas de baile tradicional organizado polo programa “Luar” no ano 2004.



     

     En 1996 acadaron o primeiro premio no “XVI Encontro de Grupos Tradicionais” celebrado no Teatro Colón de A Coruña, coa “Foliada de Forcarei”. No verán de 1998, a sección máis xove do grupo acadou un terceiro premio en Cerdido coa “Muñeira de Leira” e foron finalistas en outros concursos.


     No verán de 2002 o grupo representou a Galicia, xunto con Milladoiro, no festival folklórico internacional de Guignamp (Bretaña). Ademáis, fixeron actividades de recollida de material etnográfico, conferencias e outras iniciativas pala fomenta-lo folclore tradicional galego na zona do val do Lérez.



     Adoitan actuar acompañados por coñecidos gaiteiros da zona, como a gaiteira Sonsoles Martínez, a acordeonista Esther Fernández, Andrés Martínez e Fermín Martínez de Tenorio.



 
     Durante dous anos, estiveron tamén Miguel Fraguas , como mestre de gaita e percusión, xunto con Lola Martínez, mestra de pandeireta e técnica vocal, colaborando con nós, na impartición de clases didácticas e nalgunha actuación.


     

     Contamos, tamén coa colaboración dos mestres Juanjo Fernández (en gaita e percusión) e Laureano Muñoz, de Os Alegres de Mourente” (en canto e pandeireta), nestes últimos meses . Con eles levamos a cabo varios obradorios e talleres, en distintos centros educativos e sociales de Pontevedra e Cotobade.


     

     Actualmente, os mestres das distintas seccións son: mestre de baile, Emilio Ríos Freiría; mestre de gaita e percusión, Juan Ordóñez; e colaborando como mestre de canto e pandeireta, María Vidal.


MAPA
 Fuentes:
Web TRAZANTES
Faro de Vigo
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901