CHOZO DOS FOIXOS
CAMPO
COVELO
SERRA DO SUIDO
O chozo é unha construcción en pedra de neis que daba acobillo aos pastores da Serra do Suído, cando se turnaban diariamente para coidar o gando ao longo do ano. Hoxe en día estos símbolos desta arquitectura, permite coñecer cómo era a vida en épocas pasadas nesta zona.
Aínda que non existen datos arqueolóxicos fiables ou documentos escritos que precisen a súa construcción, segundo a tradición oral xa eran recordados como moi antigos no século pasado. Dado o seu estilo arquitectónico podería sinalarse a súa orixe nos séculos de difusión do románico (séculos XII e XIII)
A SÚA ARQUITECTURA
O interior é unha peza única, dunhas dimensións ao redor dos 20 metros cadrados, construídos en neis. Ao redor dos chozos establecíanse os "cortellos", cada familia tiña o seu e estaban destinados a acobillar aos becerros , na actualidade a maioría están derruídos.
Cerca dos chozos había tamén un redil non moi grande, feito de cachotería, lousas e grandes bloques pétreos.
Pechando todo o conxunto situábanse as lousas verticais que delimitaban a zona de pastoreo de cada chozo.
Podemos dicir por tanto que o conxunto era unha unidade de explotación gandeira de montaña.
Os chozos atópanse en torno á cota dos 900 metros de altitude, na falda nacente, protexidos dos ventos e aproveitando en ocasións a inclinación das ladeiras da montaña. Integrándose totalmente os tellados coas pendentes do terreo.
Este emprazamento na caída da montaña facilitaba a súa construcción. De planta regular, as súas dimensións son prácticamente constantes, adoita a haber bancos de pedra corridos adosados á parede, o espesor dos seus muros é considerable (0,6-0,8 metros) debido á grande carga que teñen que soportar.
A porta de entrada non adoita ser grande, e debido ao pesado da construcción os vanos adoitan reducirse.
Sobre a existencia de portas de madeira, ferro ou outro elemento que pecharan o chozo non existen referencias, aínda que é lóxico pensar que dispoñian dalgun elemento para pechalos, principalmente para manter o calor dentro do habitáculo e protegerse de posibles ataques de lobos e outras feras.
Hai soamente uns ventanucos, que semellan arpilleiras e que adoitan situarse nas fachadas laterais, orientados a nacente e a poñente, pódese pensar que valen como "tiro" do lume que se facía no interior, e tamén para recoller os primeiros e últimos raios de sol. Ademáis no interior hai unha serie de nichos rectangulares que servían para gardar obxectos personais, comida, roupa, etc.
Campo
Parroquia de grande tradición gandeira, bañada polo río Tea e situada na aba sur da Serra do Suído dispón dun bo monte cinexético. Nas súas cotas máis baixas poderemos perdernos en frondosos bosques autóctonos.
Os seus barrios e lugares son:
Barcia, A Bouciña, Bustelo, Cascardoso, A Costa, A Ladeira, O Loureiro, O Outeiro, San Pedro.
Covelo
Covelo fórmano 14 parroquias sobre un terreo moi variado e accidentado. Vales profundos, ríos, montañas especialmente marcadas no límite noroeste, con alturas superiores ós 1.000 metros constituen unha grande variedade paisaxística.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
Xoan, estou compartindo COVELO com os paisanos... é um éxito.... apertas
ResponderEliminarGracias meu amigo, gracias..
Eliminar