FERVENZA DE ROXEDOIRO
REGO CARBADOIRO
BERDUCIDO
PONTEVEDRA
San Martiño de Verducido é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.032 habitantes (533 mulleres e 499 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes.
Ocupa un terreo montañoso, accidentado polos outeiros das Pasadellas, das Pedreiras e do Campo de Bois e no que destaca o monte Acibal, que supera os 600 metros de altitude.
Conta con paisaxes naturais que nos levan á evasión como as que se poden contemplar nos arredores do encoro de Pontillón de Castro, reserva de auga da cidade de Pontevedra e refuxio de aves que conta na súa proximidade cunha gran zona de lecer.
No cumio dun monte próximo sitúase un miradoiro cunha escultura en pedra dedicada aos canteiros.
Desde aquí, ademais dunha canteira de granito moi próxima, pódese divisar o contorno da cidade de Pontevedra.
É preciso visitar a igrexa parroquial, totalmente reedificada durante o século XVIII e que inclúe no seu conxunto unha peza abovedada anterior que se cre podería ter sido unha antiga sancristía.
A festa patronal é o día 12 novembro (san Martiño), pero tamén se celebran san Breixo, santa Bárbara e o Corpus Christi.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901